Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 15 de xuño de 1998 Páx. 6.653

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

Anuncio de contratación por concurso aberto, tramitación ordinaria para a xestión integral do servicio de abastecemento de auga e saneamento do Concello de Lalín.

1. Entidade adxudicante.

Organismo: Concello de Lalín.

Dependencia: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: xestión integral do servicio de abastecemento de auga e saneamento no municipio de Lalín.

Prazo: vinte anos, con posibilidade de prórrogas, ata un total de setenta e cinco anos entre prórrogas e duración inicial.

Lugar: zona urbana do Concello de Lalín, coa posibilidade de ampliación á zona rural.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: non se establece tipo de licitación, quedando á discreción da empresa.

5. Garantía provisional: 400.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información: Secretaría xeral do Concello de Lalín, praza do Concello, s/n, 36500. Teléfono 986 78 70 60 Fax 986 78 20 42.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira na forma prevista nos artigos 15 e 16 da LCAP.

8. Presentación de ofertas.

Prazo: 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula sétima do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto sexto deste anuncio.

9. Apertura de ofertas.

Entidade, domicilio e localidade: véxase punto do anuncio.

Data e hora: 12 horas do primeiro día hábil seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións. Se a plica se presentase por correo, ver cláusula oitava.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do concello.

Lalín, 4 de maio de 1998.

O alcalde

Rubricado

5544