Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 15 de xuño de 1998 Páx. 6.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio da presente resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

ObraOrzamento contrataPrazo

execución

Clasificación

esixida

-Nº 198/98 P.O.L. Baralla.-Abtº de auga a Biduedo, Castrolanzas, Acibido e S. Andrés11.750.0009 mesesNon se esixe

-Nº 205/98 P.O.L. Cervantes.-Traída de augas a San Román e Vilanova10.000.0009 mesesNon se esixe

-Nº 210/98 P.O.L. Friol.-Rede de auga e saneamento integral de Eirexe e Campo da Torre10.700.0004 mesesNon se esixe

-Nº 212/98 P.O.L. Láncara.-Abtº de auga de Armeá de Arriba, Ribeira, Vilela de Arriba e Vilela de Abaixo12.000.0009 mesesNon se esixe

-Nº 213/98 P.O.L. Meira.-Ampliación Abtº auga e saneamento no municipio de Meira (O Touzón, Leiras e Riocabo) 9.618.6276 mesesNon se esixe

-Nº 214/98 P.O.L. Mondoñedo.-Abtº auga barrios Monfadal, Fonte, As Abidueiras e O Arco (Masma)10.000.0009 mesesNon se esixe

-Nº 219/98 P.O.L. Alfoz.-Saneamento en Nespereira-Barbeito (Carballido)10.000.0003 mesesNon se esixe

-Nº 224/98 P.O.L. Foz.-Saneamento a Vilasindre11.258.0316 mesesNon se esixe

-Nº 226/98 P.O.L. O Incio.-Saneamento, Abtº e reposición servicios na praza de España e vivendas municipais10.889.8243 mesesNon se esixe

Características.

Entidade adxudicadora:

a) Deputación Provincial de Lugo.

b) Dependencia: Sección de Plans e Contratación.

Obxecto do contrato:

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

Orzamento base de licitación:

O que se sinala ó comezo do anuncio.

Garantías:

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na Tesourería Provincial.

Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

b) Domicilio: rúa San Marcos, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Teléfono: 982 25 10 42.

e) Fax: 982 24 49 62.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó remate do prazo de presentación.

Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se indica no encabezamento (de ser esixible).

Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte á publicación do presente edicto, no Diario Oficial de Galicia; se o último día coincide en domingo ou festivo, o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: «Contido de proposicións».

c) Lugar de presentación: rexistro xeral, de 10 a 14 horas.

1. Entidade: deputación.

2. Domicilio: rúa San Marcos, s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado.

Apertura de ofertas:

a) Entidade: deputación.

b) Domicilio: rúa San Marcos, s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación.

e) Hora: ás 12 horas.

Outras informacións:

Nos teléfonos indicados.

Gastos de anuncios:

Serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 29 de maio de 1998.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo

5106