Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 15 de xuño de 1998 Páx. 6.609

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Lignotock, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Lignotock, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 14-4-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 1-4-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 22 de abril de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Linotock, S.A. para a súa fábrica do Porriño (Pontevedra).

Capítulo I

Ámbitos e condicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio será de aplicación exclusivamente no centro de traballo situado no polígono industrial das Gándaras de Budiño, parcela 205, O Porriño (Pontevedra), así como en calquera outro centro de traballo onde o cadro de persoal do dito centro preste os seus servicios.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio será de aplicación a todo o cadro de persoal existente no momento do seu asinamento e a todo aquel que se incorpore con posterioridade a ela, con exclusión daqueles con quen a relación existente non sexa laboral.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1998, con independencia da data da súa publicación no diario oficial correspondente, finalizando o día 31 de decembro do 2000. Non obstante, en materia de contratación temporal, por circunstancias da producción ou obra ó servicio determinado, aplicarase o disposto legal ou convencionalmente con anterioridade á vixencia do presente convenio para aquelas contratacións efectuadas antes do día 1-1-1998.

Artigo 4º.-Denuncia.

Calquera das partes asinantes do presente convenio, mediando unha antelación mínima de tres meses á data de terminación da vixencia do presente convenio, poderá efectua-la correspondente denuncia para os efectos legalmente establecidos.

No caso de non efectuarse esta, o convenio prorrogarase de ano en ano en canto as súas cláusulas normativas, perdendo vixencia as súas cláusulas obrigacionais.

Artigo 5º.-Absorción e compensación.

As condicións establecidas neste convenio serán compensables e absorbibles en cómputo anual con calquera outra existente no momento da súa entrada en vigor, desfrutadas tanto de forma colectiva como individual.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Non obstante o disposto no artigo anterior, as condicións económicas desfrutadas individualmente que excedan por tódolos conceptos e en cómputo anual das previstas no presente convenio respectaranse ad personam.

Arigo 7º.-Vinculación a totalidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico indivisible e, para efectos da súa aplicación, serán consideradas globalmente e en termos anuais.

Para o caso de que a autoridade laboral considere que algún artigo do presente convenio vulnera o dereito mínimo necesario e, consecuentemente, remita á xurisdicción laboral o texto de convenio, non aprobando esta última algún dos seus artigos, quedará en suspenso a aplicación do resto do seu contido, debendo negociarse de novo a totalidade do seu contido.

Capítulo II

Ordenación do traballo

Artigo 8º.-Organización.

A organización e dirección técnica do traballo é facultade exclusiva da empresa. Non obstante, a representación legal dos traballadores terá as com

petencias e facultades recoñecidas legalmente ou aquelas establecidas convencionalmente.

Artigo 9º.-Productividade e absentismo.

A dirección da empresa e a representación legal dos traballadores, conscientes do prexuízo ocasionado á productividade polo absentismo do persoal, acordan establecer e verificar políticas progresivas e permanentes encamiñadas á reducción dos índices de absentismo.

Artigo 10º.-Calidade.

A calidade dos productos obtidos como consecuencia da prestación dos servicios laborais dos traballadores da empresa, responderá ás condicións fixadas por ela e de acordo coas instruccións que para tal fin se instrumentasen. A dirección da empresa e a representación legal dos traballadores, tendo en conta a importancia vital que o concepto calidade ten no sector en que se encontra encadrada a empresa, conveñen a implantación de políticas encamiñadas á consecución dunha mellora continua de calidade, en especial as derivadas dos principios ESP.

Co obxecto de compensa-los maiores requirimentos de toda orde que tales políticas leven consigo, fundamentalmente os principios ESP, establécese un complemento de calidade nos termos que no artigo seguinte se sinalan.

No caso de que a calidade dos productos non alcanzase as especificacións requiridas para logra-lo estándar de calidade antes citado, tomaranse as accións correctivas que sexan necesarias.

Artigo 11º.-Comisión de productividade.

No prazo de tres meses desde o asinamento do presente convenio, constituirase unha comisión de traballo composta por dous membros da representación legal dos traballadores e dous membros en representación da empresa, co obxecto de realiza-los traballos necesarios que permitan establece-la actividade normal de cada posto de traballo, con base nos distintos parámetros de consideración: funcións que se vaian realizar, métodos de traballo, principios ESP, etc. Para tal fin as partes designarán os seus representantes na comisión, que presentarán as súas conclusións á comisión paritaria deste convenio, unha vez finalizados os ditos traballos.

Co obxecto de compensa-la maior productividade que puidera existir en relación coa actividade normal, establécese un complemento de productividade nos termos que se indican no parágrafo seguinte.

Durante 1998 tódolos traballadores recibirán un complemento por calidade/productividade de 1.050 pesetas mensuais, devengable exclusivamente 12 meses ó ano. Durante 1999, os complementos por calidade/productividade serán de 2.100 pesetas mensuais, devengable exclusivamente 12 meses ó ano. No ano 2000 o dito complemento, devengable exclusivamente 12 meses ó ano, terá un importe de 3.150 pesetas mensuais para tódolos traballadores.

Capítulo III

Xornada de traballo

Artigo 12º.-Duración e distribución.

A xornada laboral para 1998 e 1999 establécese en 1.784 (mil setecentas oitenta e catro) horas de traballo efectivo en cómputo anual, e para o ano 2000 en 1.780 (mil setecentas oitenta) horas, igualmente de traballo efectivo e en cómputo anual.

Para efectos da súa distribución consideraranse non laborables os días 24 e 31 de decembro.

O calendario laboral será elaborado anualmente pola dirección da empresa e o seu comité, podendo ambas partes, de común acordo, establece-las adaptacións que consideren oportunas para a mellor organización do traballo sobre o calendario oficial.

Esta xornada poderá distribuírse de forma irregular ó longo de cada ano natural, de forma que a xornada diaria e consecuentemente a xornada semanal, poida ampliarse ata un máximo de 10 horas e 50 horas respectivamente, aplicándose a compensación dineraria prevista no artigo 17.6º deste convenio. Para tal fin darase traslado ó comité de empresa coa maior antelación posible, da necesidade de modifica-la distribución horaria inicialmente establecida.

Non obstante o disposto no parágrafo anterior, no caso de presentárense causas extraordinarias que fagan necesario modifica-lo establecido nel, de forma excepcional e polo tempo que as partes acorden, levarase a cabo a dita modificación nos termos en que se subscriba.

Como resultado da negociación levada a cabo, establécese a duración da xornada nocturna en 8 horas diarias.

Artigo 13º.-Horarios de traballo.

A xornada anual de traballo realizarase mediante a asignación do traballador ás seguintes modalidades e quendas de traballo:

a) Xornada partida.

Primeira quenda:

*De luns a xoves: de 8.30 a 13.45 horas e de 14.15 a 17.30 horas.

*Venres: de 8.30 a 13.45 horas e de 14.15 a 15 horas.

Segunda quenda:

*De luns a xoves: de 8.30 a 14.15 horas e de 14.45 a 17.30 horas.

*Venres: de 8.30 a 13.45 horas e de 14.15 a 15 horas.

b) Xornada continuada.

*De luns a venres, con rotación semanal e co seguinte horario:

Primeira quenda (mañá): de 6 a 14 horas.

Segunda quenda (tarde): de 14 a 22 horas.

Terceira quenda (noite): de 22 a 6 horas.

c) Non obstante o disposto nos apartados anteriores, establécese unha cuarta quenda de traballo co obxecto de atende-las necesidades de subministración ós clientes da empresa, polo cal os sábados e domingos de cada semana poderán converterse en laborables, modificándose os días de descanso semanais habituais. A dita modificación precisará dun aviso de quince días de antelación.

d) Xornada para o persoal de mantemento (mecánicos, eléctricos e caldeiras):

O persoal abscrito a mantemento prestará os seus servicios en réxime de cuarta quenda, con carácter permanente, realizando a súa xornada laboral potencialmente de luns a domingo e consecuentemente, mediante a rotación oportuna establecida nun calendario anual para tal efecto, o descanso semanal non coincidirá necesariamente co sábado ou domingo de cada semana, percibindo a compensación para tal efecto establecida.

Artigo 14º.-Horas extraordinarias.

Terán a consideración de horas extraordinarias aquelas que excedan da duración da xornada ordinaria. A iniciativa do traballo en horas extraordinarias corresponde á empresa, sendo de libre aceptación polo traballador, a excepción daqueles casos en que a súa non realización lle produza á empresa graves prexuízos ou impida a continuidade da producción ou sexan causas de forza maior que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outras causas análogas, e da cal a non realización produza evidentes e graves prexuízos á propia empresa ou a terceiros, así como no caso de risco de perda de materias primas.

As ditas horas seranlle comunicadas mensualmente á autoridade laboral conxuntamente pola empresa e o comité. As ditas horas realizaranse atendendo ó principio de igualdade de oportunidades de tódolos traballadores da sección que se vexa na necesidade de prolonga-la súa xornada, trasladando a información oportuna para tal fin á representación legal dos traballadores.

As ditas horas compensaranse por tempos equivalentes de descanso no prazo de seis meses e coa precepción da cantidade establecida no artigo 17.6º deste convenio. No seu defecto, aboaranse de acordo cos valores establecidos no anexo correspondente.

Artito 15º.-Vacacións.

A duración das vacacións será de 22 días laborables. A empresa organizará as quendas de vacacións en función dos seus compromisos empresariais de subministración ós clientes, debendo pactar coa representación legal dos traballadores a súa realización. Durante o período vacacional, o traballador devengará os seguintes conceptos retributivos: salario base, antigüidade consolidada, plus convenio,

complemento persoal e complemento calidade/productividade, máis o plus da cuarta quenda para o persoal de mantemento, se o disfrute vacacional coincide co tempo de traballo a cuarta quenda.

Artigo 16º.-Licencias retribuídas.

Con independencia das licencias retribuídas de aplicación, os traballadores afectados polo presente convenio terán dereito a un permiso retribuído de 1 día por cada ano de vixencia deste, sempre e cando se manteña a xornada máxima legal establecida para o ano 2000.

Capítulo IV

Retribucións

Artigo 17º.-Retribucións.

As retribucións do persoal comprendido neste convenio estarán constituidas polos seguintes conceptos:

1. Salario base: o asignado segundo a súa categoría profesional e polas contías indicadas no anexo correspondente para 1998, coas evolucións previstas no artigo 27 deste convenio.

2. Plus convenio: o asignado segundo a súa categoría profesional e polas contías indicadas no anexo correspondente para 1998, coas evolucións previstas no artigo 27 deste convenio.

3. Antigüidade consolidada: os traballadores manterán consolidadas as cantidades que polo concepto de antigüidade viñan desfrutando o día 1-1-1998. Ó dito importe engadiráselle a parte proporcional de antigüidade devengada e non percibida a esta data. Para estes efectos calcularase por defecto ou exceso os anos de permanencia do traballador na empresa, é dicir, computándose o ano completo cando a fracción sexa igual ou superior a 0,5.

No anexo correspondente figuran as antigüidades xa consolidadas con efectos do día 1-1-98, de aplicación exclusiva a aqueles traballadores que na data indicada tivesen alomenos 5 anos de antigüidade. Estes importes manteranse invariables e por tempo indefinido como complemento persoal, non sufrindo modificacións en ningún sentido e por ningunha causa, reflectíndose nos recibos de salarios coa denominación de antigüidade consolidada.

Para compensa-la desaparición do complemento de antigüidade nos termos anteriores aplicarase durante os anos 1998, 1999, 2000, 2001 e 2002, con efectos do un de xaneiro, un incremento lineal de 21.000 ptas./anuais e para tódalas categorías da táboa salarial. O citado incremento lineal sumarase ó salario base de cada unha das categorías do convenio unha vez que se lle aplique o incremento pactado para cada ano.

4. Plus da cuarta quenda: importe de aplicación exclusivamente a aqueles traballadores que no seu contrato de traballo non estea establecida a obriga de realiza-la dita cuarta quenda de traballo, devengable exclusivamente polo tempo en que se realice

a citada quenda e polo importe de 8.725 ptas./mensuais ou a súa parte proporcional no caso de realizarse por períodos inferiores, coas evolucións previstas no artigo 27 deste convenio.

5. Plus da cuarta quenda para o persoal de mantemento: importe de aplicación exclusivamente para o persoal de mantemento (mecánicos, eléctricos e caldeiras), devengable exclusivamente polo tempo en que se realice a citada quenda e polo importe de 36.900 ptas./mensuais ou a súa parte proporcional no caso de realizarse por períodos inferiores. Este importe manterase estable durante a vixencia do convenio.

6. Compensación horas extras: importe que se percibirá por cada hora extraordinaria realizada de luns a sábado compensada con descanso substitutorio no prazo de 6 meses, na contía de 500 ptas./hora. No caso de tratarse de horas extraordinarias realizadas en domingo ou festivo, o descanso substitutorio será de 1,5 horas por cada hora traballada. No seu defecto, aboaranse segundo os valores indicados na táboa de referencia. O dito importe manterase estable durante a vixencia deste convenio.

7. Compensación da xornada ordinaria realizada en sábados e domingos: importe a percibir por cada hora ordinaria de traballo realizada en sábado ou domingo (desde as 6 horas do sábado ata as 6 horas do luns) na contía de 565 ptas./hora, coas evolucións previstas no artigo 27 deste convenio.

8. Plus de nocturnidade: importe que se percibirá por cada hora ordinaria de traballo realizada entre as 22 horas e as 6 horas da mañá do día seguinte, con independencia da categoría profesional e o salario que o traballador posúa, na contía de 225 ptas./hora. O dito importe manterase estable durante a vixencia deste convenio.

9. Axudas de custo e gastos por quilometraxe.

9.1. Axudas de custo: importe que se percibirá no caso de desprazamentos ordenados pola empresa a poboacións distintas do lugar habitual de traballo, nas contías e circunstancias seguintes:

a) Unha comida e pernoctación no seu domicilio: 1.800 ptas.

b) Dúas comidas e pernoctación no seu domicilio: 3.800 ptas.

c) Dúas comidas e pernoctación fóra do seu domicilio: 7.380 ptas.

9.2. Quilometraxe: importe que se percibirá no caso de desprazamentos ordenados pola empresa a poboacións distintas do lugar habitual de traballo, utilizando vehículo de propiedade ou uso lexítimo do traballador, na contía de 35 ptas./qm, cantidade que compensará tódolos factores de custo derivados do uso do vehículo, excepto a peaxe de autoestrada. O dito importe manterase estable durante a vixencia do convenio.

Non obstante, a empresa poderá determinar compensa-los gastos derivados do desprazamento mediante a asunción destes na súa totalidade, garantindo neste caso o aloxamento en establecementos coa categoría de 3 estrelas.

10. Gratificacións extraordinarias: importe que se percibirá os meses de marzo (día 18), xullo (día 15) e decembro (día 15) na contía equivalente a 30 días de salario base, antigüidade, plus convenio, e complemento persoal se é o caso, devengables da seguinte forma: marzo, do día 1-3 ó 28-2 do ano seguinte; xullo, do día 1-7 ó 30-6 do ano seguinte; decembro, do 1-1 ó 31-12.

11. Complemento persoal: importe resultante de restarlle ó salario contractual individualizado que veña percibindo o traballador ó día 31-12-1997, os conceptos retributivos fixos que este convenio establece.

Artigo 18º.-Pagamento de retribucións.

O pagamento de retribucións realizarase mensualmente a través das entidades bancarias que cada traballador determinase.

O día do cobro será o último laborable de cada mes.

Os anticipos sobre o salario mensual solicitaranse con, alomenos, 48 horas de antelación, procedéndose na forma prevista no ordenamento legal.

Non obstante o anterior, de común acordo a empresa e o comité realizarán as xestións bancarias oportunas que permita mediante a domiciliación do cobro nunha única entidade bancaria, acceder ós beneficios que a dita entidade lles conceda ós traballadores da empresa.

Capítulo V

Aspectos asistenciales

Artigo 19º.-Complementos por I.T.

Os traballadores que sufran baixa por incapacidade transitoria derivada da enfermidade común ou accidente non laboral, percibirán os seguintes complementos a conta da empresa:

* Do día 1 ó 15 do proceso: sen complemento.

* Do día 16 ata a finalización do proceso: un complemento igual a diferencia entre a prestación I.T. que legalmente corresponda e o 100% da súa retribución mensual.

Os traballadores que sufran baixa por I.T. derivada de accidente de traballo ou enfermidade profesional, percibirán os seguintes complementos por conta da empresa:

* Do día 1 ata a finalización do proceso: un complemento igual a diferencia entre a prestación por I.T. que legalmente corresponda e o 100% da súa retribución mensual.

Artigo 20º.-Seguro de accidentes.

A empresa contratará coa compañía de seguros que estime oportuno unha póliza de accidentes que garanta as seguintes coberturas:

* Falecemento por accidente: 3.000.000 de ptas.

* Incapacidade permanente total para a profesión habitual: 3.000.000 de ptas.

* Incapacidade permanente absoluta: 3.750.000 ptas.

* Gran invalidez: 4.500.000 ptas.

Estas coberturas son complementarias ás que puideran devengarse no sistema da Seguridade Social, quedando suxeitas á cualificación que no dito sistema se declare en materia de invalidez.

Os beneficiarios da dita póliza serán o propio traballador ou os seus herdeiros legais, salvo que o traballador designe outros.

Artigo 21º.-Xubilación.

Establécese a xubilación con carácter obrigatorio á idade de 65 anos, para o cal terán que cumprirse os seguintes condicionantes:

1) Que o traballador teña cuberto o período mínimo de carencia para obte-la pensión de xubilación no sistema público da Seguridade Social.

2) Que a empresa non amortice o posto de traballo, contratando a un desempregado que cubra o posto de traballo deixado vacante polo xubilado.

Capítulo VI

Outros aspectos sociales e laborales

Artigo 22º.-Roupa de traballo.

A empresa dotará o seu persoal de dous conxuntos de pezas de roupa de traballo e calzado ó ano, de obrigada utilización. As súas entregas realizaranse antes do 15 de outubro e do 15 de abril (inverno-verán) adecuándoas á climatoloxía estacional. Non obstante, no caso de que algún posto de traballo leve consigo a necesidade de utilización dun maior número de pezas de roupa polo seu desgaste, a empresa procederá á súa entrega. A representación legal dos traballadores controlará a calidade do material e a súa entrega efectiva.

A empresa xestionará por medio da mutua de accidentes a entrega ó traballador que o precise de lentes graduados de seguridade.

Artigo 23º.-Formación.

A asistencia a cursos de formación, previamente convocados pola empresa e tralo control efectuado pola representción legal dos traballadores, levará consigo, no caso de que estes se celebren fóra do horario de traballo excedendo da xornada ordinaria, o devengo de 1.650 ptas./día se o curso non excede de 5 horas/día e de 1.850 ptas./día se o curso excede de 5 horas/día. Á súa vez, a empresa aboará o exceso de quilometraxe que tivera que realiza-lo traballador para acudir a eles, sobre o que habitualmente realiza

para acudir ó centro de traballo, en importe de 35 ptas./qm. Estes valores manteranse estables durante a vixencia do convenio.

Artigo 24º.-Contratación laboral.

1. Contratos en prácticas: os traballadores contratados en prácticas percibirán o primeiro ano de vixencia do seu contrato, o 85% do salario correspondente a súa titulación, previsto neste convenio. O segundo ano de vixencia do seu contrato, percibirán o 95% do salario correspondente a súa titulación previsto no mesmo.

2. Contrato para obra ou servicio determinado:

1. É o contrato celebrado ó amparo do artigo 15.1ºa) do Estatuto dos traballadores, segundo a redacción dada pola Lei 63/1997, do 30 de decembro, e que ten por obxecto a realización dunha obra ou servicio determinado da execución, aínda que limitada no tempo, e en principio, de duración incerta.

2. O contrato axustarase ós seguintes supostos:

Con caracter xeral, o contrato é para unha soa obra, con independencia da súa duración. Finalizará cando acaben os traballos, de oficio e categoría, do traballador na dita obra.

3. Os traballadores que formalicen un contrato para unha obra o servicio determinado, terán dereito, unha vez finalizado por expiración do tempo convido, a percibir unha indemnización. A dita indemnización consistirá nunha porcentaxe sobre os conceptos salariais percibidos durante a vixencia do contrato, de acordo coa seguinte escala:

- Ata 12 meses de duración, o 4%.

- De 12 a 24 meses de duración, o 3,5%.

- Máis de 24 meses de duración, o 3%.

3. Contrato eventual por circunstancias da producción:

1. O contrato celebrado ó amparo do artigo 15.1ºb) do Estatuto dos traballadores, segundo redacción dada pola Lei 63/1997, do 30 de decembro, e que concerta cando as circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos así o esixiran, aínda tratándose da actividade normal da empresa.

2. Este tipo de contrato estará suxeito ás seguintes consideracións:

a) Nel consideraranse con precisión e claridade a causa ou circunstancia que o xustifique.

b) A súa duración máxima será de 12 meses dentro dun período de 15 meses. No caso de que se concerte por un prazo inferior ó límite máximo, poderá ser prorrogado por unha soa vez, sen que a duración total do contrato poida exceder do máximo establecido.

3. Os traballadores que fomalicen un contrato eventual por circunstancias da producción, terán

dereito, unha vez finalizado por expiración do tempo convido, a percibir unha indemnización. A dita indemnización consistirá nunha porcentaxe sobre os conceptos salariais percibidos durante a vixencia do contrato, de acordo coa seguinte escala:

-Ata 6 meses de duración, o 6%.

-De 6 a 9 meses de duración, o 4%.

-Máis de 9 meses de duración, o 3,5%.

Artigo 25º.- Categorías profesionais.

No prazo de seis meses a representación da empresa establecida no artigo 11º deste convenio e a representación legal dos traballadores establecida igualmente no citado artigo, elaborarán o estudio de encadramento e clasificación profesional de tódolos postos de traballo existentes na empresa, salvo aqueles considerados de confianza que a dirección dela considere non realizar.

Artigo 26º.-Cadros de persoal.

Tendo en conta as previsións do mercado do automóbil en xeral e as proxeccións particulares da empresa, establécese como obxectivo de obrigado cumprimento pola empresa, transformar durante o ano 1998 o contrato temporal de alomenos 6 traballadores en fixos do cadro de persoal, dos cales 4 necesariamente serán MOD; á súa vez, durante o ano 1999, transforma-lo contrato temporal de alomenos 6 traballadores igualmente en fixos do cadro de persoal, dos cales 4 necesariamente serán MOD; e, finalmente, durante o ano 2000, transforma-lo contrato temporal de alomenos 6 traballadores, igualmente en fixos do cadro de persoal, dos cales 4 necesariamente serán MOD; alcanzada o 31-12-2000, unha ratio de fixos/eventuais do 50% ó 50%.

Artigo 27º.-Incrementos salariais.

As táboas salariais anexas, supoñen ter incrementados os salarios deste convenio vixentes o 31-12-1997 nun 2,5% para o ano 1998. Para 1999 o incremento que se vai realizar será do IPC do dito ano máis 0,75 puntos sobre as táboas vixentes o 31-12-1998, e, para o ano 2000 o incremento que se vai realizar será o IPC previsto para odito ano máis 0,75 puntos sobre as táboas vixentes o 31-12-1999.

No caso de que o IPC real o 31-12-1999 ou 31-12-2000, rexistrase un incremento superior o IPC previsto para cada ano, efectuarase unha revisión polo exceso sobre a dita porcentaxe, unha vez constatado oficialmente e con efectos do primeiro de xaneiro de cada ano de referencia. Non obstante os conceptos establecidos no artigo 17º sen revisión por tódala vixencia do convenio non se verán afectados pola desviación do IPC antes citada.

Con independencia das percepcións indicadas no parágrafo anterior, os traballadores afectados polo presente convenio percibirán a compensación pola

desaparición do complemento de antigüidade previsto no artigo 17.3º deste convenio.

Artigo 28º.-Despedimentos obxectivos.

A empresa, con carácter previo e nun prazo non inferior a 15 días de antelación, se ten a determinación de efectuar despimentos obxectivos baseados en causas económicas, técnicas, productivas ou organizativas, dará traslado á representación legal dos traballadores dun informe no cal consten as causas que motivan a dita determinación, e isto con independencia do resto das obrigas legalmente establecidas.

Dentro do dito prazo a empresa ofertarlles ós traballadores afectados unha relación de postos de traballo susceptibles de serén ocupados polo traballador, en función dos seus coñecementos e experiencia, que existan na empresa vacantes ou ocupadas por persoal temporal. A aceptación polo traballador dalgún dos postos ofertados poderá levar ó cambio de grupo profesional, se ben manterá -se é o caso- o salario superior que viñese devengando.

Artigo 29º.-Promoción profesional.

Mentres tanto o artigo 14 do convenio colectivo provincial de carpintería da provincia de Pontevedra estea vixente, o seu contido nos termos previstos será de aplicación no ámbito deste convenio.

Artigo 30º.-Toxicidade/penosidade.

A empresa e/ou o comité requirirá dos organismos competentes na materia a comprobación da existencia -se é o caso- de postos de traballo con condicións en materia de toxicidade ou penosidade querevistan especial consideración, co obxecto de toma-las medidas oportunas que as reduzan ou eliminen.

Capítulo VII

Condicións obrigacionais

Artigo 31º.-Comisión paritaria.

Para todo aquilo derivado da aplicación do presente convenio, establécese unha comisión paritaria composta por dous membros do comité de empresa e dous membros en representación da empresa, presidida polo moderador da mesa negociadora do convenio. Á súa vez, cada unha das partes poderá acudir co asesoramento que coide oportuno.

No caso de discrepancia entre ámbalas representacións, establécese a obrigatoriedade de acudir o sistema de mediación establecido no AGA.

Artigo 32º.-Paz laboral.

Durante a vixencia do presente convenio, os traballadores da empresa comprométense a mante-la paz laboral existente, sen que isto obste para o exercicio dos dereitos que consideren oportuno.

Capítulo VIII

Dereitos sindicais.

Artigo 33º.-Acumulación de horas de representación.

Establécese a posibilidade de acumular mensualmente nun ou máis delegados de persoal as horas destinadas a uso sindical de tódolos delegados dunha mesma central sindical.

Artigo 34.-Reunións do comité de empresa.

Cada dous meses reunirase o comité de empresa e a súa dirección co obxecto de tratar aqueles asuntos que as partes consideren do seu interese.

Capítulo IX

Dereito supletorio

Artigo 35º.-Dereito supletorio.

No non previsto no presente convenio de empresa, aplicarase o disposto no convenio colectivo de carpintería, ebanistería e actividades afíns da provincia de Pontevedra, naquelas materias reservadas ó dito ámbito negocial, e o disposto no convenio colectivo estatal da madeira, naquelas materias reservadas ó dito ámbito negocial, sempre que estes se encontren en vigor. No non previsto nos ditos acordos aplicarase a normativa de xeral aplicación.

Táboa salarial

Ano 1998

CategoríaSalario

base

Plus

convenio

Total/mesImporte

Ano

Peón90.98713.448104.4351.566.525

Especialista A100.11014.991115.1011.726.515
B100.11021.110121.2201.818.300
C100.11029.484129.5941.943.910

Oficial 2ª A126.43214.735141.1672.117.505
B126.43227.487153.9192.308.785
C126.43237.346163.7782.456.670

Oficial 1ª A154.78718.848173.6352.604.525
B154.78732.282187.0692.806.035
C154.78745.817200.6043.009.060

Aux. Adtvo.88.94926.151115.1001.726.500
Of. 2ª Adtvo.132.93739.290172.2272.583.405
Of. 1ª Adtvo.151.35944.793196.1522.942.280

Of. 1ª X.E.161.19647.731208.9273.133.905

Tec. G. medio161.73947.894209.6333.144.495
Tit. superior169.75250.287220.0393.300.585
Xefe Dpto.169.75250.287220.0393.300.585

ANEXO II

Horas extraordinarias

CategoríaPtas./hora

NormalFestiva

Peón e especialista1.3501.400

Oficial 1ª e 2ª1.5201.580

Considéranse horas extraordinarias festivas as realizadas entre as seis horas do domingo e as seis horas do luns, ou día festivo e o seguinte, respectivamente.

As horas derivadas da aplicación da xornada irregular, non desfrutadas antes dos seis meses desde a súa realización, serán aboadas a 2.000 ptas./hora.

5603