Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 12 de xuño de 1998 Páx. 6.592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de información pública do plan especial de mellora do núcleo rural 05.10 Salgueiro-Candeán (expediente 4576/411/97).

O Consello da Xerencia de Urbanismo, en sesión do 17 de abril de 1998, acordou aprobar inicialmente o plan especial de mellora do núcleo 05.10 Salgueiro (Candeán), redactado polos/as arquitectos/as Inmaculada Garcés Navarro, Lidia Mabel Pacho Domínquez e Juan Luis Piñeiro Ferradás, someténdoo a información pública polo prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no DOG, nun xornal e notificacións individuais ós propietarios titulares de terreos afectados pola delimitación de polígonos no ámbito do plan, de conformidade co establecido no artigo 42.1º e 6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que o trámite de información pública se entenderá aberto desde o día da publicación do primeiro anuncio ata transcorrido un mes da derradeira publicación.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 42.6º da Lei 1/997, para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou, intentada estas non se puidese practicar.

O expediente atópase á disposición do público na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa da Casa Consistorial).

Vigo, 27 de abril de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

5469