Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 12 de xuño de 1998 Páx. 6.592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para contrata-lo aluguer de maquinaria con conductor durante o 2º semestre de 1998.

De conformidade co que acordou a Corporación provincial, na sesión do 29 de maio último, convócase concurso para a formalización de contratos de servicios a esta deputación relativos ó aluguer de vehículos e maquinaria con conductor para a execución de traballos complementarios de reparación de vías provinciais e rede viaria local, durante o segundo semestre de 1998.

Os pregos de condicións publícanse íntegros no BOP do día 4 do actual.

O prazo de presentación de ofertas e documentación finaliza ás 12 horas do décimo terceiro (13º) día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e presentaranse no rexistro xeral da deputación. A fianza provisional é de 50.000 ptas. para cada oferta, e a definitiva para os adxudicatarios é de 100.000 ptas.

Modelo de proposición: don/a....., con domicilio en..., DNI núm....., no nome propio (ou na representación de....., segundo acredita con.....), informado/a do expediente e condicións para contrata-lo aluguer de maquinaria con conductor para o 2º semestre do ano 1998, anunciado no..... nº....., con data do....., comprométese ás prestacións que se expresan, polos prezos que se sinalan: (segundo modelo anexo). Lugar, data e sinatura.

Modelo anexo: empresario..... Tfno...... Domicilio social..... Tipo de maquinaria: camión 2 eixes-12 Tm; camión 3 eixes; camión con estrador de grava 12 Tm; camión guindastre; camión cisterna de 8 Tm; camión cisterna de 4 Tm; pa mixta (retrocardadora); mononiveladora; pa retroescavadora (P-90 ou similar); compactador dun rolete; compactador de dous roletes; rozadora; tractor con cazo frontal: Prezo por xornada que oferta nas zonas: norte, sur e oeste.

Ourense, 4 de xuño de 1998.

O presidente

Rubricado