Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 12 de xuño de 1998 Páx. 6.591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (11/1998).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data do 21 de maio de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte Acordo:

1. Aprobar inicialmente, por instancia de José Vilameá Fariñas, en representación de Promociones Cofama S.L., o proxecto de urbanización de semivía na r/ Peñarredonda de Ourense, coas condicións sinaladas no servicio eléctrico, con data do 27 de abril de 1998, e logo da constitución de garantía polo importe dun millón trescentas oitenta e nove mil duascentas trinta e sete pesetas (1.389.237. pesetas), para asegura-la correcta exe

cución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

De conformidade co disposto no Art. 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no Art. 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 28 de maio de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

4989