Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 12 de xuño de 1998 Páx. 6.586

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e tramitación de urxencia, para a contratación das obras de construcción da nova residencia da Comunidade Benedictina en San Vicente do Pino, concello de Monforte de Lemos, provincia de Lugo. (Expediente LU-97/010).

Obxecto:

Execución de obras de construcción da nova residencia da comunidade benedictina en San Vicente do Pino. Monforte de Lemos.

Orzamento:

Corenta e un millóns catrocentas doce mil (41.412.000 ptas), IVE incluído.

Prazo de execución:

Dez (10) meses.

Clasificación:

Grupo C; subgrupos 2, 4, 5 e 8; categoría c.

Garantía provisional:

Oitocentas vinteoito mil duascentas corenta (828.240 ptas.).

Garantía definitiva:

Un millón seiscentas cincuenta e seis mil catrocentas oitenta (1.656.480 ptas.).

Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación, estarán de manifesto e á disposición dos interesados para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións:

As proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no antedito rexistro, antes das 14 horas do décimo terceiro (13) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións:

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás dez (10) horas do quinto (5) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envio na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama ou fax: 981 54 19 02 no mesmo día.

Anuncio:

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1998.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

5118