Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 12 de xuño de 1998 Páx. 6.587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1998 pola que se anuncia concurso público para a contratación dos servicios de análise e desenvolvemento de procedementos, redacción de manuais e instalación e mantemento de aplicacións informáticas de xestión.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) dos servicios de análise e desenvolvemento de procedementos, redacción de manuais e instalación e mantemento de aplicacións informáticas de xestión do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela, Tf: 981 54 11 01, Fax: 981 59 04 67.

b) Número de expediente: C.P. nº 7/1998.

2. Obxecto do contrato:

Servicios de análise e desenvolvemento de procedementos, redacción de manuais e instalación e mantemento de aplicacións informáticas de xestión do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), coa seguinte desagregación en lotes:

Lote 1. Análise dos procedementos en vigor aplicados no Igape e elaboración dun manual escrito detallado.

Lote 2. Elaboración das aplicacións informáticas necesarias para a cobertura dos procedementos de axudas e subvencións xestionadas polo Igape, elaboración dun manual escrito detallado, elaboración dunha base de datos xeral de solicitantes de axudas e mantemento das aplicacións informáticas sinaladas.

b) Prazo de execución:

Lote 1: 6 meses desde o asinamento do contrato.

Lote 2: 6 meses desde a entrega do lote 1.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 28.000.000 de ptas. (IVE incluído), desagregado por lotes e anualidades do seguinte xeito:

Lote 1: 13.000.000 de ptas.

Lote 2: 15.000.000 de ptas.

1998: 18.200.000 ptas.

1999: 7.500.000 ptas.

2000: 1.150.000 ptas.

2001: 1.150.000 ptas.

5. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación do lote ou lotes ós que se licite.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 59 04 67.

Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do vixésimo sétimo día hábil seguinte á publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaránse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público, ás 12 horas do oitavo día hábil, que non coincida en sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito en r/ Frei Rosendo Salvado, 16 - baixo, Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios. Os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela a 27 de maio de 1998.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

5508