Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 12 de xuño de 1998 Páx. 6.585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1998 pola que sa fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Encoro de Caldas de Reis no río Umia. (Caldas de Reis, Cuntis e Moraña-Pontevedra).

Adxudicatario: (UTE) Dragados y Construcciones, S.A. e Abeconsa.

Orzamento: 1.298.496.098 ptas.

Saneamento integral do concello de Moaña. (Pontevedra).

Adxudicatario: Espina y Delfín, S.L.

Orzamento: 1.432.194.558 ptas.

Saneamento integral de Gondomar. (Pontevedra).

Adxudicatario: Construcciones Paraño, S.A. (Copasa).

Orzamento: 1.059.969.862 ptas.

Colectores e EDAR en Arnoia. (Ourense).

Adxudicatario: (UTE) Extraco, S.A. e Asteisa.

Orzamento: 119.856.000 ptas.

Saneamento de Silleda. (Pontevedra).

Adxudicatario: (UTE) Movex Vial, S.L. e Demain, S.L.

Orzamento: 275.175.000 ptas.

EDAR de Moscoso. (Pontevedra).

Adxudicatario: Cotragua, S.L.

Orzamento: 27.331.868 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto lle pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora de xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do Organismo Autónomo

Augas de Galicia

5602