Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 12 de xuño de 1998 Páx. 6.585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 19 de maio de 1998, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte Meixoeiro, pertencente á parroquia de Santan Cristina de Lavadores do concello de Vigo.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 23 de xullo de 1992, acordou inicia-los trá

mites para a clasificación, como veciñal en man común, do seguinte monte:

Concello: Vigo.

Parroquia: Santa Cristina de Lavadores.

Nome do monte: Meixoeiro.

Cabida: 46 ha.

Lindes:

Norte: predios particulares e instituto de formación profesional.

Sur: entidade local Menor de Bembrive (monte de UP 563).

Leste: predios particulares.

Oeste: predios particulares.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se estime procedente en relación co monte de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución de dita lei.

Pontevedra, 19 de maio de 1998.

José Luis Díez Yáñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Pontevedra

5134