Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 12 de xuño de 1998 Páx. 6.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, con procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da consultoría e asistencia para a redacción do proxecto e dirección da obra de acceso permanente de persoas ó castelo de Santa Cruz.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: contratación da consultoría e asistencia para a redacción do proxecto e dirección da obra de acceso permanente de persoas ó castelo de Santa Cruz.

2.2. Prazo de execución: redacción do proxecto, 1 mes. Dirección da obra, desde a acta de comprobación do planeamento ata o remate da obra.

3. Orzamento base de licitación:

Importe total: 4.000.000 de ptas. (IVE incluído).

4. Fianza provisional:

2% do orzamento da contrata (80.000 pesetas).

5. Fianza definitiva:

4% do orzamento da contrata (160.000 pesetas).

6. Clasificación: non é necesaria.

7. Documentación e información:

7.1. Documentación:

a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

7.2. Información:

a) Teléfono: 981 54 17 49.

b) Domicilio: rúa dos Basquiños nº 2.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e codigo postal: Santiago de Compostela, 15704.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Domicilio: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde ó último día de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

5078