Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 12 de xuño de 1998 Páx. 6.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a convocatoria de poxa de madeira 1/1998.

A Delegación Provincial da Consellería do Medio Ambiente resolve convoca-la poxa de madeira nº 1/1998, de acordo coas seguintes características:

1. Obxecto: o alleamento dos lotes de madeira que figuran na relación anexa.

2. Fianza provisional: a que figura na citada relación para cada un dos lotes.

3. Exposición de pregros: estará de manifiesto no Servicio de Montes e Industrias Forestais desta delegación (edificio administrativo de Monelos, Plaza Luís Seoane s/n, 5ª planta, A Coruña), das 9 ás 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións. Para obter fotocopias dirixirse á copistería Copimil, rúa de Salvador de Madariaga, 16, baixo, A Coruña, teléfono: 981 13 54 76.

4. Prazo de presentación das proposicións: vinteseis (26) días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio. Se o día de remate cadra en sábado, o prazo rematará o luns seguinte.

5. Lugar de presentación das proposicións: no rexistro da delegación provincial (edificio administrativo Monelos 5ª planta), na forma legalmente establecida (artigo 100 RXC).

6. Documentación que deberán presenta-los licitadores: a que se sinala no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Apertura de proposicións: ás 10 horas do décimo día hábil seguinte ó do remate do prazo da presentación das proposicións, que non cadre en sábado. O lugar publicarase no taboleiro de edictos do Servicio de Montes e Industrias Forestais, e no rexistro da delegación, o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

8. Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

9. Información sobre esta poxa: teléfono: 18 46 63.

O adxudicatario, dentro dos quince (15) días seguintes ó da data da notificación da adxudicación, deberá presenta-los documentos acreditativos de ter depositado:

a) Importe de adxudicación, prezo total do remate.

b) Importe das taxas.

c) Importe dos gastos deste anuncio.

d) Fianza definitiva, 4% sobre importe de adxudicación.

e) IVE, 4,5% sobre importe de adxudicación.

f) Os demás que se establezan no prego de cláusulas administrativas particulares do aproveitamento.

A Coruña, 20 de maio de 1998.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial de Medio Ambiente

5467