Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 12 de xuño de 1998 Páx. 6.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador C-82/1997 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notíficaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución dictada no expediente por infracción á Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza.

Para efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na rúa Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 20 de maio de 1998.

P.A.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

Expediente: C-82/1997.

Denunciado: Óscar Barros Otero.

Último enderezo coñecido: estrada A Madroa, 28 baixo, Teis, Vigo.

Feito denunciado: adestrar tres cans con fins cinexéticos en época non autorizada, o día 29 de agosto de 1997, termo municipal de Tui.

Precepto infrinxido: artigó 48.2º.25 da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: artigo 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 3.000 ptas.

5365