Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 12 de xuño de 1998 Páx. 6.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador C-228/1997 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador, por infracción a Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Que así mesmo designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a María Teresa Calvo García.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen as alegacións, achagaren documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuar ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 20 de maio de 1998.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-228/1997.

Denunciado: José Manuel Alfonso Aguiar.

Último enderezo coñecido: Redondelo Tortoreos, As Neves.

Feito denunciado: cazar en terreo cinexético especial, couto PO-10.047, sen levar consigo a preceptiva autorización, o día 18 de decembro de 1997, termo municipal das Neves.

Precepto infrinxido: artigo 57.4º da Lei 4/1997, de caza de Galicia, en relación co artigo 45.

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 10.000 ptas.

5077