Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 12 de xuño de 1998 Páx. 6.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fan públicos os acordos de iniciación de expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos 188 e 309/1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan os acordos de iniciación dictados en expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

A competencia para interpoñer esta clase e sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º d) da Lei orgánica 1/1992.

Noméase instructor do expediente a xefe de Sección de Asociacións e Espectáculos, Margarita Olmo Bosco, e secretaria a xefa de grupo, Mª Teresa Iglesias Lugrís que poderán ser recusados en calquera momento de tramitación do expediente nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente notificación, para exerce-lo dereito de audiencia e formular alegacións, presentar documentos ou informacións que estime convenientes na súa defensa, e se é o caso, propoñer proba podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade cos efectos previstos no artigo 8.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento, no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A Coruña, 19 de maio de 1998.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 188/1998.

Denunciado: Francisco Javier Silva Botana.

DNI: 33.263.832.

Enderezo: Mestre Lorenzo, Palmeira nº 4, 3º, Ribeira.

Establecemento: Club Tres Estrellas no Pino.

Precepto infrinxido: 26 e) LO 1/1992.

Precepto sancionador: 28 LO 1/1992.

Multa máxima: ata 50.000 ptas.

Expediente:309/1998.

Denunciada: Josefa Leis Lago.

DNI: 76.514.413.

Enderezo: Alfredo Brañas nº 15, Santiago de Compostela.

Establecemento: Cervecería Xioleis, en Santiago de Compostela.

Precepto infrinxido: 26 e) LO 1/1992.

Precepto sancionador: 28 LO 1/1992.

Multa máxima: ata 50.000 ptas.

5076