Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 12 de xuño de 1998 Páx. 6.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación das resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos B-32.031.157 e E-27.167.436.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, ó non podérselles notificar por correo certificado, as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; a súa contía e número cítanse a seguir:

Nome: Canteira da Fragua, S.A.

DNI/NIF: B-32.031.157.

Nº de expediente: LU-E 794/1997.

Precepto infrinxido: 23-d) da LO 1/1992.

Último enderezo: r/ Circunvalación, 7-B, A Rúa (Ourense).

Multa: 50.001 ptas.

Nome: LODEMA (Demetrio Fernández, Dolores García e Mª Carmen Pérez).

DNI/NIF: E-27.167.436.

Nº de expediente: LU-E 125/1998.

Precepto infrinxido: 26-e) LO 1/1992.

Último enderezo: Duquesa de Alba, 57, Monforte de Lemos.

Multa: 80.000 ptas.

Contra estas resolucións, poderá interpoñe-lo interesado recurso ordinario, perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtase que de non ser emprendido este en tempo e forma, terá que aboa-la multa imposta no período de pagamento voluntario, a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, recadación de multas e sancións de espectáculos públicos, número 2091/0152/29-3110001658, en calquera oficina da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo consta-lo número de expediente sancionador, co cal se rematará este. Transcorrido o dito prazo, procederase ó cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición ter

ceira da Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Lugo, 13 de maio de 1998

José Mª Fernández Olea

Delegado provincial de Lugo

5255