Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 12 de xuño de 1998 Páx. 6.579

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 26 de maio de 1998 pola que se declara extinguida a concesión administrativa do parque de cultivo mariño sito no distrito marítimo de Muros, titutaridade de Manuel J. Bouzas Formoso e María Dolores Castro Rey.

Visto o expediente de caducidade instruído á concesión administrativa do parque de cultivo mariño sito na zona marítimo-terrestre da ría de Muros, enseada de Venancio, distrito marítimo de Muros.

Resultando que con data do 3-11-1995 foi ordenado pola Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Coruña o inicio

do expediente de caducidade da antedita concesión por levar inactivo un tempo superior a dous anos.

Resultando que o acordo de inicio do expediente de caducidade e o nomeamento de instructor e secretario do dito expediente lle foi remitido ó interesado con data do 6-11-1995, sen formular alegacións dentro do prazo concedido. Resultando que con data do 8-10-1996, foi publicada no Diario Oficial de Galicia e con data do 1-10-1996 exposto no taboleiro de anuncios do concello do último domicilio coñecido de Manuel J. Bouzas Formoso, a substitución do instructor, por causa de forma maior, así como a continuación da tramitación do expediente de caducidade sen que tampouco se formulasen alegacións dentro do prazo establecido para iso.

Resultando que a proposta de resolución lles foi comunicada ós interesados con data do 18-12-1996 e publicada no DOG do 29-5-1997 e con data do 5-5-1997 exposta no taboleiro de anuncios do concello do último domicilio coñecido de Manuel J. Bouzas Formoso, sen que se formulasen alegacións contra o seu contido dentro do prazo establecido para iso.

Considerando que o parque de cultivo leva máis de dous anos sen explotación, sendo esta causa de caducidade das recollidas no artigo 72 a) da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Resultando que o expediente foi tramitado conforme a dereito, segundo informe emitido pola xefa do Servicio Técnico-Xurídico.

Vistas a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas; Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e demais disposicións de pertinente aplicación.

Esta consellería, á vista da proposta de resolución emitida pola instructora do expediente, acorda no exercicio das súas atribucións e competencias, extingui-la concesión administrativa do parque de cultivo mariño titularidade de manuel J. Bouzas Formoso e María Dolores Castro Rey, que ten as seguintes características:

Establecemento: parque de cultivo mariño.

Localización: zona de Boavista (enseada de Venancia), distrito marítimo de Muros.

Especie: ameixas e berberechos.

Ocupación dominio público: 1.623,50 m

Orde de outorgamento: 28-2-1973 (BOE nº 82).

Orde cambio de dominio: 13-3-1980 (BOE nº 110).

Fin da vixencia: 5-4-1983.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo na forma e prazos previstos no artigo 57 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción

contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

5251