Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 12 de xuño de 1998 Páx. 6.578

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración da utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/323-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración da utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Cruz-Camos.

Situación: Nigrán.

Descricións técnicas: L.M.T. aéreo-subterránea, a 20 kV, de 162 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, e 20 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 4 da L.M.T. ó C.T. G.E. Baleazas, ata o apoio 2 proxectado desde onde continúa en subterránea, rematando no C.T. que se proxecta en Cruz-Camos, Concello de Nigrán, C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aéreo-subterránea, de 555 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, e 120 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.V.

Realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos afectados, o propietario do predio nº 3 presenta alegacións con data de entrada 9-12-1997 comunicando que non está de acordo coa traxectoria da liña, por cruza-lo predio en diagonal e facelo inservible para edificar. Solicita que o trazado vaia pola estrema do predio. Trasladadas as alegacións a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., esta contesta que tratará de modifica-la localización do apoio nº 2 e así a liña achegaríase máis á estrema do predio. Desta comunicación de Unión Eléctri

ca-Fenosa, S.A. dase traslado ó propietario do predio.

Na inspección realizada sobre o terreo comprobouse que a traza da liña non está suxeita ás prohibicións e limitacións dos artigos 25 e 26 do D. 2619/1966, e que o dito trazado non afecta sensiblemente a ningún predio e é a alternativa máis idónea dentro das posibles solucións, unha vez recollida a solicitude da alegación do propietario do predio nº 3, para que a liña se achegue máis á estrema do seu predio.

Vista a Lei 40/1994, os decretos 2617 e 2619 e cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas e os artigos 52 e 53 da Lei 40/1994, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación que leva implícita, así como aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Esta resolución é susceptible de recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes.

Pontevedra, 22 de abril de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

4417