Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 12 de xuño de 1998 Páx. 6.578

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/88-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. derivación Lourezá-Mabia-Bonabal.

Situación: Oia.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, de 4.074 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos, desde un apoio proxectado anterior ó C.T. existente de Bonabal ata o C.T. existente de Lourezá, e desde un apoio a colocar xunto ó C.T. de Lourezá ata o C.T. existente de Mabia, concello de Oia.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 21 de abril de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

4412