Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 12 de xuño de 1998 Páx. 6.578

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/86-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Des-Soutolongo.

Situación: Lalín.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 13 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 47 da L.M.T. D/C 805 e 807, rematando no C.T. que se proxecta, en Des-Soutolongo, concello de Lalín. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 60 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 21 de abril de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

4419