Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 11 de xuño de 1998 Páx. 6.528

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA

ANUNCIO da convocatoria para a selección dun responsable de comunicación.

Requírese:

a) Titulación superior (licenciado/a en ciencias da información, xornalista ou similar).

b) Experiencia laboral superior a dous anos.

c) Coñecementos sobre lexisalación e funcionamento de fundacións.

d) Imprescindible o dominio do galego falado e escrito.

e) Valoraranse positivamente cañecementos do inglés e doutros idiomas.

f) Valorarase experiencia en comunicación relacionada coa sanidade.

Proceso de selección:

a) Currículum vitae.

b) Os candidatos que se axusten ó perfil serán entrevistados pola dirección da fundación.

O posto de traballo é de carácter temporal e o procedemento de contratación faise segundo o disposto no artigo 7 da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación.

Os interesados deberán enviar currículum vitae completo ó Centro de Transfusión de Galicia, avenida Monte da Condesa s/n, 15706, Santiago de Compostela, dirixido ó director técnico da fundación, indicado no sobre a referencia R. Comunicación; o prazo de presentación rematará o vindeiro 30 de xuño.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1998.

Roberto García de Villaescusa Collazo

Director técnico da Fundación Centro

de Transfusión de Galicia