Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 11 de xuño de 1998 Páx. 6.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1998 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, de diversas obras de fondos propios 1998.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, das obras que a continuación se detallan:

1. C.P. PO-8403 Tomiño-Sabarís (Gondomar): 25.000.000.

2. C.P. PO-6008 acceso a Mirón (Ponte-Caldelas): 18.000.000.

3. C.P. PO-8203 O Porriño-Torneiros (O Porriño): 15.000.000.

4. C.P. PO-7504 Sabarís-Belesar (Baiona): 20.000.000.

5. C.P. PO-7606 Vincios-Nigrán (Gondomar): 25.000.000.

6. C.P. PO-2205 Folgoso-Silleda (Forcarei): 28.574.280.

7. C.P. PO-1001 Botos-Gresande (Lalín): 15.874.600.

8. C.P. PO-1304 Portela-Antas de Ulla (Rodeiro): 16.012.640.

9. C.P. Olives-Sequelos (A Estrada): 16.564.800.

10. C.P. PO-1005 Prado-Camanzo (Lalín): 30.000.000.

11. C.P. PO-3602 Agueiros-Couso (Campo Lameiro): 20.000.000.

Fianzas: provisional do 2% do tipo de licitación, agás as obras nº 1, 4, 5, 6, 10 e 11. Definitiva do 4% do prezo de adxudicación para tódalas obras.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seginte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Teléfono 986 80 41 01.

Pontevedra, 21 de maio de 1998.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado

5410