Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 11 de xuño de 1998 Páx. 6.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

ANUNCIO.

Faise público, nos termos e para os efectos do Art. 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, que o Pleno municipal, en reunión do 28 de maio de 1998, deliberou aprobar definitivamente expediente modificativo, puntual do plan parcial do parque empresarial de Xinzo de Limia, instado por Xestur Ourense, S.A, consistente en agrupar unha parte das parcelas previstas na segunda etapa co fin de obter un terreo de 42.733 mque será destinado a instalar industria elaboradora, transformadora e de reciclaxe de vidro.

Tamén foi deliberado incorporar ó expediente, atendendo o indicado en informe do delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 31-3-1998, as medidas que a seguir se detallan: 1ª. O estudio de impacto ambiental será presentado xuntamente co proxecto técnico da industria que no seu momento se vaia instalar. 2ª. As zonas libres e de uso público son as xa existentes no plan parcial en vigor, sen que experimente cambios coa modificación proposta. 3ª. Ó non figuraren no plan parcial os aproveitamentos urbanísticos, será de obrigado cumprimento presentar proxecto compensatorio previamente ó de urbanización.

As ordenanzas reguladoras serán publicadas no BOP de Ourense.

Xinzo de Limia, 1 de xuño de 1998.

O presidente

Rubricado

4900