Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 11 de xuño de 1998 Páx. 6.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial do parque eólico denominado Couce do Penido declarado de incidencia supramunicipal polo acordo do Consello da Xunta de Galicia do 15 de maio de 1998.

O Consello da Xunta de Galicia acordou na súa reunión do 15 de maio de 1998 e por proposta da

Consellería de Industria e Comercio, declara-lo proxecto do parque eólico denominado Couce do Penido promovido por Planta Eólica de Galicia, S.A., como de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

Polo tanto, en cumprimento do disposto no artigo 25.3º da dita lei, a teor do cal os planos ou proxectos que o Consello da Xunta de Galicia declare como de incidencia supramunicipal, se someteron por un prazo mínimo dun mes ós trámites de información pública mediante o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia, e de audiencia ás entidades locais sobre as que incida o plan ou proxecto,

RESOLVO:

Someter a información pública o proxecto sectorial denominado parque eólico Couce do Penido.

De acordo co dito artigo 25.3º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, durante o prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderan examina-lo dito proxecto sectorial de parque eólico na Dirección Xeral de Industria e presenta-las alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

5414