O Consello da Xunta de Galicia acordou na súa reunión do 15 de maio de 1998 e por proposta da Consellería de Industria e Comercio, declara-lo proxecto do parque eólico denominado Os Corvos promovido por Planta Eólica de Galicia, S.A., como de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.
Polo tanto, en cumprimento do disposto no artigo 25.3º da dita lei, a teor do cal os planos ou proxectos que o Consello da Xunta de Galicia declare como de incidencia supramunicipal se someteron por un prazo mínimo dun mes ós trámites de información pública mediante o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia, e de audiencia ás entidades locais sobre as que incida o plan ou proxecto,
RESOLVO:
Someter a información pública o proxecto sectorial denominado parque eólico Os Corvos.
De acordo co dito artigo 25.3º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, durante o prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderan examina-lo dito proxecto sectorial de parque eólico na Dirección Xeral de Industria e presenta-las alegacións que consideren pertinentes.
Santiago de Compostela, 29 de maio de 1998.
Joaquín del Moral Crespo
Director xeral de Industria
5448