Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 11 de xuño de 1998 Páx. 6.482

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se dictan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 1998/1999, entre profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Coa finalidade de lle adxudicar destino provisional para o curso académico 1998/1999 ó profesorado sen destino definitivo dos corpos citados, convócase o presente concurso de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Convócase concurso, de acordo coas especificacións que se citan na presente resolución, para a provisión das necesidades de profesorado para o curso 1998/1999, nos centros que se relacionan nos anexos I, II, III e IV, entre o profesorado sen destino definitivo dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Segunda.-Estarán obrigados a participar no presente concurso, na súa especialidade:

a) O profesorado en situación de expectativa de destino, que se ordenará por anos de celebración do concurso-oposición, e dentro de cada concurso-oposición polo número de orde obtido nel.

Este profesorado relacionáse no anexo VII da orde do 14 de maio de 1998, DOG do 2 de xuño, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados convocado pola Orde do 21 de novembro de 1997 (DOG do 1 de de decembro).

b) Os opositores que superen o procedemento selectivo de acceso e ingreso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño convocados pola Orde do 15 de abril de 1998 pola orde obtida no procedemento selectivo, agás os que estean exentos de realiza-la fase de prácticas e opten por continuar desempeñando servicios no seu corpo de orixe.

c) O profesorado interino, pola mesma orde que elixiron no curso académico 1997-1998.

d) O profesorado substituto, en función da orde de acceso á interinidade ou substitución.

Terceira.-Os profesores de ensino secundario poderán solicita-las seguintes prazas, de acordo coas especificacións que se conteñen nesta base:

a) As correspondentes ás especialidades das que sexan titulares, para os centros ou localidades que figuran no anexo I da presente resolución e para as especialidades de:

CódigoEspecialidade

001FILOSOFÍA

002GREGO

003LATÍN

004LINGUA CASTELÁ E LITERATURA

005XEOGRAFÍA E HISTORIA

006MATEMÁTICAS

007FÍSICA E QUÍMICA

008BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

009DEBUXO

010FRANCÉS

011INGLÉS

012ALEMÁN

016MÚSICA

017EDUCACIÓN FÍSICA

018PSICOLOXÍA Y PEDAGOXÍA

019TECNOLOXÍA

020ÉTICA

053LENGUA E LITERATURA GALEGA

056INFORMÁTICA BUP

059TECN. EMPRESAS E ACTIVIDADES TURÍSTICAS

061ESTUDIOS T.V.

062MANTEMENTO DE EQUIPOS AUDIOVISUAIS

063EQUIPOS INFORMÁTICOS

064TECNOLOXÍA FONTANERÍA

065ECONOMÍA

066TECNOLOXÍA INDUSTRIAL

070ÉTICA E FILOSOFÍA DO DEREITO

072VOLUME

073XEOMETRÍA DA ARTE

101ADMINISTRACIÓN DE EMPRESAS

102ANÁLISES E QUÍMICA INDUSTRIAL

103ASESORÍA E PROCESOS DE IMAXE PERSOAL

104CONSTRUCCIÓNS CIVÍS E EDIFICACIÓNS

105FORMACIÓN E ORIENTACION LABORAL

106HOSTELERÍA E TURISMO

107INFORMÁTICA

108INTERVENCIÓN SOCIOCOMUNITARIA

109NAVEGACIÓN E INSTALACIÓNS MARIÑAS

110ORGANIZACIÓN E XESTIÓN COMERCIAL

111ORGANIZACIÓN E PROCESOS DE MANTEMENTO DE

VEHÍCULOS.

112ORGANIZACIÓN E PROXECTOS DE FABRICACIÓN MECÁNICA.

113ORGANIZACIÓN E PROXECTOS DE SISTEMAS ENERXÉTICOS.

115PROCESOS DE PRODUCCIÓN AGRARIA

117PROCESOS E DIAGNÓSTICOS CLÍNICOS E PRODUCTOS ORTOPROTÉSICOS.

118PROCESOS SANITARIOS

119PROCESOS E MEDIOS DE COMUNICACIÓN

120PROCESOS E PRODUCTOS DE TÉXTIL, CONFECCIÓN E PEL.

122PROCESOS E PRODUCTOS EN ARTES GRÁFICAS

123PROCESOS E PRODUCTOS EN MADEIRA E MOBLE

124SISTEMAS ELECTRÓNICOS

125SISTEMAS ELECTROTÉCNICOS E AUTOMÁTICOS

803CULTURA CLÁSICA

b) O profesorado de clásicas poderá solicitar indistintamente as prazas de latín e grego entendéndose incluída para estes participantes a cultura clásica.

Os profesores procedentes de extinguidas especialidades de formación profesional solicitarán as prazas das novas especialidades segundo a correspondencia establecida no anexo II d) do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro (BOE do 10), polo que se adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

Para estes efectos terase en conta que os titulados das especialidades antigas e os que teñan superado o procedemento selectivo por algunha das novas especialidades que a continuación se relacionan poderán solicitar indistintamente prazas das especialidades que se citan:

Especialidade antiga Especialidades novas

Tec. administrativa e c.-Administración de empresas

-Organización e xestión comercial

Tec. delineación-Construccións civís e edificacións.

-Organización e proxectos de fabricación mecánica

-Organización e proxectos de sistemas enerxéticos.

Tec. sanitaria-Procesos sanitarios

-Procesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicos

c) O profesorado de modelado e baleirado poderá solicitar prazas de volume.

d) O profesorado de matemáticas poderá solicitar prazas de xeometría da arte.

e) Os profesores de ensino secundario poderán solicita-las prazas das escolas oficiais de idiomas e das escolas de artes aplicadas e oficios artísticos relacionadas nos anexos II e IV da presente resolución. Para tales efectos deberán incluír na súa petición os códigos destes centros, aínda no suposto de que optasen por efectua-la súa solicitude por localidades.

f) Os titulares da especialidade de tecnoloxía administrativa que posúan algunha das titulacións de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en ciencias económicas, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública poderán solicitar prazas de economía.

g) As prazas de tecnoloxía industrial (do novo bacharelato tecnolóxico) poderán ser solicitadas, ademais de polos titulares da especialidade de tecnoloxía, polos titulares da especialidade de organización e procesos de mantemento de vehículos, organización e proxectos de fabricación mecánica (profesorado da antiga tecnoloxía de metal) e navegación e instalacións mariñas (máquinas).

Cuarta.-Os profesores do corpo de profesores técnicos de formación profesional poderán solicita-las seguintes prazas, de acordo coas especificacións que se conteñen nesta base:

a) Prazas correspondentes ás especialidades das que sexan titulares, para os centros ou localidades que figuran no anexo I, e para as especialidades de:

CódigoEspecialidade

028PRÁCT. EQUIPOS INFORMÁTICOS

030PRÁCT. PROTÉSICO DENTAL

031PRÁCT. HIXIENISTA DENTAL

032PRÁCT. CULTIVOS MARIÑOS

033PRÁCTICAS E ACTIVIDADES

034PRÁCT. EMPRESAS E ACTIVIDADES TURÍSTICAS

037PRÁCT. DIMINUÍDOS PSÍQUICOS

201COCIÑA E PASTELERÍA

202EQUIPOS ELECTRÓNICOS

203ESTÉTICA

204FABRICACIÓN E INSTALACIÓN DE CARPINTERÍA E

MOBLE

206INSTALACIÓN ELECTROTÉCNICAS

208LABORATORIO

209MANTEMENTO DE VEHÍCULOS

210MÁQUINAS, SERVICIOS E PRODUCCIÓN

211MECANIZADO E MANTEMENTO DE MÁQUINAS

212OFICINA DE PROXECTOS DE CONSTRUCCIÓN

213OFICINA DE PROXECTOS DE FABRICACION MECÁNICA

215OPERACIÓNS DE PROCESOS

216OPERACIÓNS DE PRODUCCIÓN AGRARIA

217PATRONAXE E CONFECCIÓN

218PERRUQUERÍA

219PROCEDEMENTOS DE DIAGNÓSTICO CLÍNICO E ORTOPROTÉSICO

220PROCEDEMENTOS SANITARIOS E ASISTENCIAIS

221PROCESOS COMERCIAIS

222PROCESOS DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA

223PRODUCCIÓN EN ARTES GRÁFICAS

225SERVICIOS A COMUNIDADE

226SERVICIOS DE RESTAURACIÓN

227SISTEMAS E APLICACIÓNS INFORMÁTICAS

228SOLDADURA

229TÉCNICAS E PROCEDEMENTOS DE IMAXE E SON

Os profesores procedentes de extinguidas especialidades do corpo de profesores técnicos de formación profesional solicitarán as prazas das novas especialidades segundo a correspondencia establecida no anexo IV c) do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro (BOE do 10), polo que se adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

Para estes efectos terase en conta que os titulares das especialidades antigas que a continuación se relacionan e os que teñan superado o procedemento selectivo por algunha das novas especialidades poderán solicitar indistintamente prazas das dúas especialidades que se citan:

Especialidade antiga Especialidade nova

Prác. administativas e c.-Procesos de xestión administrativa

-Procesos comerciais

Prác. delineación-Oficina de proxectos de construcción.

-Oficina de proxectos de fabricación mecánica.

Prác. química-Laboratorio

-Operacións de procesos

Prác. do metal-Mecanizado e mantenemento de máquinas.

-Soldadura

Prác. perruquería y Est.-Estética

-Perruquería

Prác. sanitarias-Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico. (Non inclúe as

prazas de protésico dental).

-Procedementos sanitarios e asistenciales.

Quinta.-Os profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional que soliciten localidades entenderase que solicitan tódolos centros da localidade, incluídos no anexo I, pola orde que se publican na presente resolución. Se piden a localidade con afíns, entenderase que soli

citan con prioridade tódolos seus centros sen afíns e, posteriormente, con afíns. Se desexan solicitar centros doutros anexos deberán especifica-la petición co código do centro.

Sexta.-Os profesores de escolas oficiais de idiomas, de acordo coas especialidades de que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo II e para as especialidades de:

CódigoEspecialidade

001ALEMÁN

006ESPAÑOL PARA EXTRANXEIROS

008FRANCÉS

009GALEGO

011INGLÉS

012ITALIANO

015PORTUGUÉS

017RUSO

Sétima.-Os profesores de música e artes escénicas, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo III e para as especialidades de:

CódigoEspecialidade

001ACORDEÓN

002HARMONÍA E MELODÍA ACOMPAÑADA

004CANTO

007CLARINETE

008COMPOSICIÓN E INSTRUMENTACIÓN

009CONXUNTO CORAL E INSTRUMENTAL

010CONTRABAIXO

011CONTRAPUNTO E FUGA

019ESTÉTICA E Hª DE LA MÚSICA, DA CULTURA E DA ARTE

021FAGOT

023FRAUTA TRAVESA

024FRAUTA DE BICO

026GUITARRA

029HISTORIA DA CULTURA E DA ARTE

039MÚSICA DE CÁMARA

042OBOE

043ÓRGANO

045PERCUSIÓN

046PIANO

048PIANISTA ACOMPAÑANTE (CANTO)

050REPENTIZACIÓN, TRANSPOSICIÓN INST. Y ACOMPAÑAMENTO

052SAXOFÓN

053SOLFEXO Y TEORÍA DA MÚSICA

055TROMBÓN

057TROMPA

058TROMPETA

059TUBA

060VIOLA

061VIOLÍN

063VIOLONCELLO

064PIANISTA ACOMPAÑANTE (INSTRUMENTOS)

065PIANISTA ACOMPAÑANTE (DANZA)

066PIANISTA ACOMPAÑANTE

088ARPA

090CLAVE

Oitava.-Os profesores de artes plásticas e deseño, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo IV e para as seguintes especialidades:

CódigoEspecialidade

006DERECHO USUAL E CONTABILIDADE

009DEBUXO ARTÍSTICO

010DIBUXO LINEAL

013HISTORIA DA ARTE

016MATEMÁTICAS

018MODELADO E BALEIRADO

034TÉCNICAS DE DESEÑO GRÁFICO

035TÉCNICAS GRÁFICAS INDUSTRIAIS

037TEORÍA E PRÁCTICA DO DESEÑO

038PROXECTO E DESEÑO INTERIORES

039TEORÍA DE LA COMUNICACIÓN

040XEMOLOXÍA

Novena.-Os mestres de taller de artes plásticas e deseño, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicita-las plazas dos centros que aparecen no anexo IV e para as seguintes especialidades:

CódigoEspecialidade

006CERÁMICA ARTÍSTICA

008DECORACIÓN

012DELINEACIÓN

013DEBUXO PUBLICITARIO

015DESEÑO DE FIGURINOS

016DOURADO E POLICROMÍA

021ESMALTES

027FOTOGRAFÍA ARTÍSTICA

028FOTOGRAFÍA E PROCESOS REPRODUCCIÓN

041METALISTERÍA ARTÍSTICA

047ORFEBRERÍA

050QUÍMICA APLICADA A CERÁMICA

052REPUXADO EN METAL

058TALLA EN MADEIRA

060TALLA EN PEDRA E MADEIRA

063TÉCNICAS DE XOIERÍA

065BALEIRADO E MODELADO

066PROXECTO E DESEÑO DE INTERIORES

067TALLER DO MOBLE

097SERIGRAFÍA

Décima.

1. Os participantes deberán manifestar na instancia de solicitude aquelas disciplinas afíns coas que desexen completar, se é o caso, horario. A estes efectos, poderán solicita-la tecnoloxía, tanto os profesores de ensino secundario como os profesores técnicos de formación profesional que posúan a titulación necesaria para impartila, debendo presenta-la súa fotocopia compulsada.

2. De existir nun centro máis dunha vacante da mesma especialidade, unha delas cun horario completo e outra para completar con materias afíns, adxudicarase en primeiro lugar a praza ou prazas

que teñan horario completo da especialidade pola que se participa.

3. O profesorado poderá solicitar un mesmo centro ou localidade con horario completo da súa especialidade e con materias afíns, na orde que coide conveniente. Para estes efectos deberanse repeti-los códigos dos centros nos que se dea a circunstancia, poñendo unha cruz (x) no recadro da dereita da solicitude (A) que fai referencia a materias afíns. O que solicite un centro ou localidade con materias afíns entenderase que efectúa primeiro a petición dese centro ou localidade sen afíns. Na adxudicación terá prioridade a petición de centro ou localidade sobre a orde das materias afíns.

O profesorado poderá excluír da súa solicitude a petición de destinos de centros compartidos, sinalándoo no recadro correspondente da instancia.

Décimo primeira.

1. A orde de adxudicación dos destinos provisionais será por colectivos preferentes, conforme o previsto na base segunda.

2. Ós profesores interinos e substitutos que soliciten prazas da súa especialidade sen completar horario con ningunha outra materia, de non corresponderlle ningunha desta prazas, pasarán a formar parte da lista para posibles novas necesidades de interinidades ou substitucións. Ós profesores en expectativa de destino e en prácticas adxudicaráselles destino de oficio.

3. Ós profesores que soliciten prazas da súa especialidade completando horario con outras materias, de non corresponderlles praza na súa especialidade adxudicaráselles praza noutra materia das indicadas como afíns, se existise vacante, unha vez colocados os colectivos sinalados nos apartados a), b), c) e d) da base segunda da presente resolución.

4. Ó profesorado substituto unicamente poderá adxudicárselle praza da súa especialidade con ou sen materias afíns segundo a solicitude.

Décimo segunda.-As prazas das escolas oficiais de idiomas e das escolas de artes aplicadas e oficios artísticos que queden vacantes, unha vez resolto o concurso entre os funcionarios en expectativa de destino, funcionarios en prácticas e, se é o caso, interinos dos corpos correspondentes, seranlles adxudicadas ós profesores de ensino secundario, da respectiva especialidade que as solicitasen.

Décimo terceira.-Cando concorran a prazas de tecnoloxía industrial profesores de distinta especialidade, a orde de prioridade na adxudicación virá determinada pola pertenza a un colectivo preferente, de acordo coa base segunda da presente resolución. No suposto de que pertenzan ó mesmo colectivo a orde será determinada pola data máis antiga de acceso á prestación de servicios como interino ou substituto. De coincidi-la mesma data de acceso a un posto de traballo na función pública docente, desempatarase por orde alfabética, iniciándose polo apelido coa letra B. O mesmo criterio utilizarase para

a adxudicación de prazas correspondente a materias afíns.

Décimo cuarta.

1. Con carácter previo á adxudicación das prazas do presente concurso a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria resolverá as peticións de reingreso no servicio activo solicitados con anterioridade ó 5 de setembro de 1998.

2. Así mesmo, con carácter previo á adxudicación destas prazas procederase a adscrición provisional daqueles profesores que tendo destino definitivo, deban ser desprazados provisionalmente por falta de horario no seu centro de destino, de acordo coas seguintes normas:

a) A adscrición provisional de efectivos dentro da mesma localidade efectuarase por resolución do delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por proposta da Inspección Educativa. No suposto de que o funcionario que se vai desprazar teña a posibilidade de ir prestar servicios en máis dun centro, por existir vacantes da súa especialidade, será desprazado ó que el determine.

b) A adscrición provisional para unha localidade distinta dentro da mesma provincia de destino efectuarase por resolución do delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por proposta da Inspección Educativa, logo de conformidade do interesado.

c) A adscrición provisional a un centro situado en provincia distinta da de orixe, será efectuado pola Dirección Xeral de Persoal, por proposta dos delegados provinciais, logo do informe da inspección educativa e da conformidade do interesado.

d) Cando varios profesores soliciten voluntariamente ser adscritos a outro centro por falta de horario no seu centro de destino definitivo, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

1) Prestar servicios na mesma localidade.

2) Prestar servicios na mesma provincia.

3) Data da toma de posesión. Se a data de toma de posesión é a mesma daráselle prioridade ó número de rexistro de persoal máis baixo ou mellor número de oposición, segundo os casos. Se concorresen á mesma praza funcionarios procedentes de distintos corpos, anteriores á entrada en vigor da LOXSE, efectuarase un sorteo para determina-la preferencia.

3. Será de aplicación o disposto no número anterior para a impartición de tecnoloxía entre os profesores de educación secundaria obrigatoria e profesores técnicos de formación profesional que estean en posesión dun dos títulos adecuados para imparti-la.

Décimo quinta.-O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Para os opositores que superen o procedemento selectivo convocado pola Orde do 15 de abril de 1998 naquelas especialidades que inicien a súa celebración no mes de xullo, o prazo será de cinco días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación da lista de aprobados polos tribunais ou comisións de selección.

Os opositores mencionados no parágrafo anterior que xa fixeran a súa solicitude pola súa condición de interinos ou substitutos unicamente presentarán, no mesmo prazo e lugar mencionados anteriormente o documento que se xunta como anexo V.

Décimo sexta.

1. Sen prexuízo do establecido no parágrafo terceiro da base anterior, as solicitudes, segundo o modelo oficial que estará a disposición dos interesados nas delegacións provinciais, presentaranse, por duplicado ou orixinal e fotocopia, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas súas delegacións provinciais ou en calquera das dependencias ás que alude o artigo 37.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Xuntarase á solicitude fotocopia compulsada do primeiro nomeamento como funcionario interino ou substituto.

2. Nas solicitudes deberanse consigna-los centros ou localidades que se solicitan por orde de preferencia, cos números de código que figuran nos anexos da presente resolución.

Cando non exista concordancia entre os dous exemplares da solicitude de prazas, terá validez a que sexa obxecto de tratamento informático. Calquera erro no número de código determinará que se anule a petición, se non corresponde a ningún centro existente.

3. Cando se soliciten prazas de máis dunha especialidade, de acordo coas bases desta convocatoria, deberanse repeti-los códigos dos centros ou localidades nos que se desexe obter praza, indicando no recadro da dereita da instancia o código da especialidade.

Décimo sétima.

1. Non poderán participar no presente concurso os profesores que teñan concedida unha comisión de servicios ou unha adscrición a un posto de traballo para o curso académico 1998/1999.

2. Aqueles profesores ós que, participando no concurso convocado pola presente resolución, se lles conceda posteriormente unha comisión de servicios ou adscrición deberán remitir renuncia ó concurso, dirixida á Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Décimo oitava.

1. O día 3 de setembro de 1998, a Dirección Xeral de Persoal procederá a publica-las relacións de persoal, por especialidades e orde de adxudicación de prazas nas delegacións provinciais da Consellería

de Educación e Ordenación Universitaria e nos centros educativos que a continuación se indican:

A Coruña...IB «Eusebio da Guarda»...IFP «Fndo. Wirtz»

Santiago... IB «Rosalía de Castro»... IFP «San Clemente»

Ferrol... IB «Sofía Casanova»... IFP Caranza

Lugo... IB «N. Sra. Ollos Grandes»... IPFP de Lugo

Burela... IB Burela

Monforte... IB de Monforte de Lemos

Ourense: IB «Eduardo Blanco Amor»... IPFP A Carballeira

O Barco de Valdearras... IFP de O Barco de Valdeorras

Pontevedra... IB «Valle Inclán»... IPFP de Pontevedra

Vigo... IB «Sto. Tomé do Freixeiro»... IPFP de Vigo

2. Publicadas as relacións de persoal, ábrese un prazo de tres días naturais para presentar reclamacións.

3. Resoltas as reclamacións, a Dirección Xeral de Persoal adxudicará as prazas fará pública a resolución provisional do concurso nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

4. Os concursantes poderán presentar reclamacións á resolución provisional, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas delegacións provinciais, no prazo de tres días naturais a partir da súa exposición.

5. Resoltas as incidencias ás que se refire o número anterior procederase a elevar a definitiva a resolución provisional e a súa publicación na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas súas delegacións provinciais.

Décimo novena.-O profesorado tomará posesión na unidade de persoal da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da provincia de destino, e incorporarase ó centro no prazo das corenta e oito horas seguintes á exposición da resolución definitiva do concurso.

Vixésima.-Os participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 15 de abril de 1998, que non estean incluídos nas listas dos aspirantes que os superaron nin no apartado d) da base segunda da presente resolución, poderán solicitar, segundo o modelo que se publica como anexo VI a súa inclusión nas relacións de aspirantes para desempeñar prazas de interinidades ou substitucións, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de aprobados, sempre que estean en posesión da titulación que se relaciona para cada especialidade no anexo VII. Estarán exceptuados deste requisito de titulación os aspirantes que superen

todos e cada un dos exercicios da fase de oposición. Para tales efectos deberán xuntar fotocopia compulsada do título académico alegado.

Este colectivo ordenarase, para efectos de prioridade na elección por especialidades e dentro de cada especialidade por bloques, de acordo co número de exercicios superados; dentro destes bloques pola

puntuación resultante da fase de concurso e oposición, unha vez realizada a ponderación prevista no Real decreto 850/1993, do 4 de xuño.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1998.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

ANEXO I

CÓDIGO

CENTRO

CÓDIGO

LOCALIDADE

NOME DO CENTROLOCALIDADE

PROVINCIA: A CORUÑA

15027125C150010100IES DE VIÓNSABEGONDO
15027721C150020801IES DE AMESAMES
15000338C150040101CPI CONDE DE FENOSAARES
15023302C150050200IES MANUEL MURGUÍAARTEIXO
15023314C150050200IES Nº 2 DE ARTEIXOARTEIXO
15027733C150060100IES DE ARZÚAARZÚA
15019301C150070100CPI DE SAN VICENTESAN VICENTE
15001070C150080202CPI DE CRUZ DO SARBERGONDO
15001148C150090001IES AS MARIÑASBETANZOS
15001136C150090001IES FRANCISCO AGUIARBETANZOS
15001239C150100505CPI ARMANDO COTARELO V.BOIMORTO
150NVP12C150110303IES (CREACIÓN PROGRAM)BOIRO
15026698C150110303IES ESPIÑEIRABOIRO
15023338C150110303IES PRAIA BARRAÑABOIRO
15001665C150120102CPI DO FORTEBOQUEIXÓN
15026352C150130901IES DE ESPARÍS-VICESOBRIÓN
15001926C150140307CPI AS REVOLTACABANA DE BERGANTIÑOS
150NVP04C150160100IES (CREACIÓN PROGRAM)CAMARIÑAS
150NVP20C150170501IES (CREACIÓN PROGRAM)CAMBRE
15026704C150170501IES DE CAMBRECAMBRE
15002581C150190703IES ALFREDO BRAÑASCARBALLO
15027307C150190703IES ISIDRO PARGA PONDALCARBALLO
15002591C150190703IES MONTE NEMECARBALLO
15021755C150610201IES CABO ORTEGALCARIÑO
150NVP21C150200100IES (CREACIÓN PROGRAM)CARNOTA
15003005C150210000CPI VICENTE OTERO VALC.CARRAL
15026376C150220104IES DE CEDEIRACEDEIRA
15003212C150230000IES AGRA DE RAÍCESCEE
15003224C150230000IES FERNANDO BLANCOCEE
15003376C150240108CPI O CRUCECERCEDA
15003881C150291208CPI ALCALDE XOSÉ PICHELCORISTANCO
150NVP19C150300001IES (CREACIÓN PROGRAM)CORUÑA, A
15024926C150300001IES A SARDIÑEIRACORUÑA, A
15026716C150300001IES ADORMIDERASCORUÑA, A
15005233C150300001IES AGRA DO ORZÁNCORUÑA, A
15022607C150300001IES ÁNXEL CASALCORUÑA, A
15005269C150300001IES DIEGO DELICADO MAR.CORUÑA, A
15029988C150300001IES ESCOLA DE IMAXE E SONCORUÑA, A
15005221C150300001IES EUSEBIO DA GUARDACORUÑA, A
15005397C150300001IES FERNANDO WIRTZ SUÁREZCORUÑA, A
15005245C150300001IES MONELOSCORUÑA, A
15025611C150300001IES MONTE DAS MOASCORUÑA, A
15005579C150300001IES Nº 4 ELVIÑACORUÑA, A
15026421C150300001IES RAFAEL DIESTECORUÑA, A
15005257C150300001IES RAMÓN MENÉNDEZ PIDALCORUÑA, A
15005002C150300001IES RAMÓN OTERO PEDRAYOCORUÑA, A
15005211C150300001IES SALVADOR DE MADARIAGACORUÑA, A
15024513C150300001IES SOMESOCORUÑA, A
150ING01C150300001INGABAD EXT.CORUÑA, A
150NVP25C150310202IES (CREACIÓN PROGRAM)CULLEREDO
15005749C150310202IES CRUCEIRO BALEARESCULLEREDO
150157CRC150310202CREDOCULLEREDO
15022620C150320402IES DE CURTISCURTIS
15023399C150330311CPI DE DODRODODRO
15023405C150350000CPI A XUNQUEIRAFENE
15021913C150350000IES BARALLOBREFENE
15024677C150350000IES O PAZOFENE
15021470C150360001IES CANIDOFERROL
15006778C150360001IES CARANZAFERROL
15006742C150360001IES CONCEPCION ARENALFERROL
15025566C150360001IES DE FERROL VELLOFERROLFERROL
15006687C150360001IES EUGENIO LÓPEZ E LÓPEZFERROL
15006754C150360001IES MARQUÉS DE SUANCESFERROL
15025645C150360001IES RICARDO CARBALLO CAL.FERROL
15021469C150360001IES ROBERTO VIDAL TORREFERROL
15006730C150360001IES SOFÍA CASANOVAFERROL
150ING04C150360001INGABAD EXTENSIONFERROL
15027654C150411207IES DE LARACHALARACHA
15007621C150400101CPI EUGENIO LÓPEZ E LÓPEZLAXE
15008039C150420421CPI CERNADAS DE CASTROLOUSAME
15008301C150430801IES BEO-SEAIAMALPICA DE BERGANTIÑOS
15008714C150451207CPI DA PICOTAMAZARICOS
15008817C150461902IES DE MELIDEMELIDE
15020854C150471209CPI DE XANCEDAMESÍA
15009071C150480402CPI CASTRO BAXOIMIÑO
15009241C150500300CPI VIRXE DA CELAMONFERO
15025657C150510302IES DE MUGARDOSMUGARDOS

CÓDIGO

CENTRO

CÓDIGO

LOCALIDADE

NOME DO CENTROLOCALIDADE

150NVP10C150530400IES (CREACIÓN PROGRAM)MUROS
15026388C150530400IES FONTEXERÍAMUROS
15009676C150520901IES VIRXEN DA BARCAMUXIA
15010058C150540900CPI DO FEALNARÓN
15025268C150540900IES AS TELLEIRASNARÓN
15026455C150540900IES TERRA DE TRASANCOSNARÓN
15027216C150550201IES FERNANDO ESQUÍONEDA
15026391C150561501IES XULIÁN MAGARIÑOSNEGREIRA
15026731C150570000IES CAMPO DE SAN ALBERTONOIA
15010812C150570000IES VIRXE DO MARNOIA
150NVP30C150580801IES (CREACIÓN PROGRAM)OLEIROS
15027228C150580801IES MARÍA CASARESOLEIROS
15026121C150580801IES XOSÉ NEIRA VILASPERILLO-OLEIROS
15021743C150590914IES DE ORDESORDES
150NVP31C150600700IES (CREACIÓN PROGRAM)OROSO
15020544C150612101IES DE ORTIGUEIRAORTIGUEIRA
150NVP01C150620618IES (CREACIÓN PROGRAM)OUTES
15012730C150650505IES CAMILO JOSÉ CELAPADRÓN
15023090C150650505IES MACÍAS O NAMORADOPADRÓN
15019347C150660100CPI CAMIÑO DE SANTIAGOO PINO
15025530C150670401IES DA POBRA CARAMIÑALPOBRA DO CARAMIÑAL, A
15026406C150140421IES DE PONTECESOPONTECESO
15025682C150690701IES FRAGA DO EUMEPONTEDEUME
15020556C150690701IES Nº 1 DE PONTEDEUMEPONTEDEUME
15023429C150700509CPI MONTE CAXADOPONTES G., AS
15021767C150700509IES AS PONTESPONTES G., AS
15025694C150700509IES MONCHO VALCARCEPONTES G., AS
15027691C150710812IES DE PORTO DO SONPORTO DO SON
15026807C150720507IES FÉLIX MURIELRIANXO
15014556C150730904IES COROSORIBEIRA
15027711C150730904IES LELIADOURARIBEIRA
15014568C150730904IES Nº 1 DE RIBEIRARIBEIRA
15014738C150740906CPI DOS DICESROIS
15026029C150750604IES ISAAC DÍAZ PARDOSADA
150NVP23C150760704IES (CREACIÓN PROGRAM)SAN SADURNIÑO
15026030C150771400IES DE SANTA COMBASANTA COMBA
15026753C150780001IES A PONTEPEDRIÑASANTIAGO COMPOSTELA
15025712C150780001IES ANTONIO FRAGUAS FRAG.SANTIAGO COMPOSTELA
15015743C150780001IES ARCEBISPO XELMÍREZ ISANTIAGO COMPOSTELA
15025301C150780001IES ARCEBISPO XELMÍREZ IISANTIAGO COMPOSTELA
15027058C150780001IES AS FONTIÑASSANTIAGO COMPOSTELA
15016000C150780001IES COMPOSTELASANTIAGO COMPOSTELA
15015861C150780001IES EDUARDO PONDALSANTIAGO COMPOSTELA
15023466C150780001IES LAMAS DE ABADESANTIAGO COMPOSTELA
15015767C150780001IES MONTE DE CONXOSANTIAGO COMPOSTELA
15015755C150780001IES ROSALÍA DE CASTROSANTIAGO COMPOSTELA
15021482C150780001IES SAN CLEMENTESANTIAGO COMPOSTELA
15027319C150780001IES SARSANTIAGO COMPOSTELA
15027411C150820100IES DE CACHEIRASTEO
15021317C150840411CPI PECALAMATORDOIA
15017880C150851703CPI DE FONTE-DÍAZTOURO
15020994C150860310CPI DE VIAÑO PEQUENOTRAZO
15018203C150880201CPI DE BEMBIBREVAL DO DUBRA
15018148C150870702CPI DE ATIOSVALDOVIÑO
15020911C150891101CPI DE VEDRAVEDRA
15026418C150921411IES DE VIMIANZOVIMIANZO
15019281C150930203CPI DE ZASZAS
15027368C150930203IES MAXIMINO ROMERO LEMAZAS

PROVINCIA: LUGO

27016649C270020612IES DE ALFOZALFOZ
27007958C279010301CPI LUÍS DÍAZ MORENOBARALLA
27016315C270060301IES DE BECERREÁBECERREÁ
27013958C270130101IES MONTE CASTELOBURELA
27013934C270130101IES PERDOUROBURELA
27015891C270100000IES DA TERRA CHÁCASTRO DE REI
27002249C270113701CPI DE CASTROVERDECASTROVERDE
27002353C270120701CPI DE CERVANTESCERVANTES
27016509C270130101IES MARQUÉS DE SARGADELOSCERVO
27002997C270151507CPI VIRXE DO MONTECOSPEITO
27003151C270161400IES LAMA DAS QUENDASCHANTADA
27003175C270161400IES VAL DO ASMACHANTADA
27003655C270170706CPI DE SEOANEFOLGOSO DO COUREL
27014811C270180901IES DA FONSAGRADAFONSAGRADA, A
27013661C270190403IES O CENTIÑOFOZ
27013983C270190403IES VILAXOANEFOZ
27004635C270200901CPI DR. LÓPEZ SUÁREZFRIOL
27016200C270220410IES DE GUITIRIZGUITIRIZ
27014008C270231000CPI DE GUNTÍNGUNTÍN
27005913C270261402CPI RAMÓN PIÑEIROLÁNCARA
270NVP06C270282701IES (CREACIÓN PROGRAM)LUGO
27015773C270282701IES A PIRINGALLALUGO
27015761C270282701IES ÁNXEL FOLELUGO
27006528C270282701IES AS MERCEDESLUGO
27006531C270282701IES LUCUS AUGUSTILUGO
27006516C270282701IES Nº 1 DE LUGOLUGO
27006541C270282701IES NOSA SRA. DOS OLLOS GLUGO
27016455C270282701IES SANXILLAOLUGO
27006553C270282701IES XOÁN MONTESLUGO
27015244C270282701INGABAD SEDE CENTRALLUGO
27016303C270290113IES PEDREGAL DE IRIMIAMEIRA
27006966C270300701IES SAN ROSENDOMONDOÑEDO
27015311C270311101IES A PINGUELAMONFORTE DE LEMOS

CÓDIGO

CENTRO

CÓDIGO

LOCALIDADE

NOME DO CENTROLOCALIDADE

27007247C270311101IES FRANCISCO DAVIÑA REYMONFORTE DE LEMOS
27007259C270311101IES RÍO CABEMONFORTE DE LEMOS
27016248C270321705IES DE MONTERROSOMONTERROSO
27007788C270341202CPI DOUTOR DANIEL MONJENAVIA DE SUARNA
27016352C270402902IES DE PALAS DE REIPALAS DE REI
270NVP04C270441200IES (CREACIÓN PROGRAM)PASTORIZA, A
27015967C270450901CPI DE PEDRAFITA DO CEB.PEDRAFITA DO CEBREIRO
27016297C270480900IES DA PONTENOVAPONTENOVA, A
27015189C270501508IES DE QUIROGAQUIROGA
27016613C270530101IES DE RÁBADERÁBADE
27010933C270510801IES Nº 1 DE RIBADEORIBADEO
27010945C270510801IES PORTA DA AUGARIBADEO
27012036C270574201IES Nº 1 DE SARRIASARRIA
27012048C270574201IES Nº 2 DE SARRIASARRIA
27012450C270582602CPI DR. LÓPEZ SUÁREZSAVIÑAO, O
27016650C270602207IES DE TABOADATABOADA
27013326C270652901IES Nº 1 DE VILALBAVILALBA
27013314C270652901IES SANTIAGO BASANTA SILV.VILALBA
27013636C270661201IES MARÍA SARMIENTOVIVEIRO
27013648C270661201IES VILAR PONTEVIVEIRO
27016625C270250102IES DE XOVEXOVE

PROVINCIA: OURENSE

32016339C320010200IES DE ALLARIZALLARIZ
32016340C320060101IES DE BANDEBANDE
32001683C320090201IES MARTAGUISELABARCO DE V., O
32001725C320090201IES Nº 1 DO BARCO DE V.BARCO DE V., O
320ING02C320090201INGABAD COLABORADORBARCO DE V., 0
32002781C320171401CPI TOMÁS TERRÓN MENDAÑASOBRADELO, O
32016467C320171401IES SECCIÓN DE SOBRADELOCARBALLEDA DE V.
32015037C320190500IES MANUEL CHAMOSO LAMASCARBALLIÑO, O
32003001C320190500IES Nº 1 DO CARBALLIÑOCARBALLIÑO, O
32003643C320230401CPI VIRXE DOS REMEDIOSCASTRO CALDELAS
32016625C320240904IES DE CELANOVACELANOVA
32004118C320260401CPI ANTONIO FAÍLDECAMBEO
32005305C320340401CPI LAUREANO PRIETOGUDIÑA, A
32016431C320430705IES SAN MAMEDEMACEDA
32006929C320450603CPI DE MASIDEMASIDE
32009360C320541201CPI JOSÉ GARCÍA DE MENDEOURENSE
32009116C320541201IES 12 DE OCTUBREOURENSE
32015050C320541201IES A FARIXAOURENSE
32009190C320541201IES AS LAGOASOURENSE
32008902C320541201IES CARBALLEIRAOURENSE
32008941C320541201IES EDUARDO BLANCO AMOROURENSE
32016455C320541201IES JULIO PRIETO NESPEREIRAOURENSE
32009131C320541201IES Nº 1 DEOURENSEOURENSE
32015207C320541201IES O COUTOOURENSE
32015451C320541201IES PORTOVELLOOURENSE
32008951C320541201IES RAMÓN OTERO PEDRAYOOURENSE
32016273C320541201IES XESÚS FERRO COUSELOOURENSE
320ING01C320541201INGABAD EXTENSIONOURENSE
320148CRC320541201CREDOOURENSE
32015177C320560217CPI DE PADRENDA-CRESPOSPADRENDA
32015876C320631301IES XERMÁN ANCOCHEAPOBRA DE TRIVES, A
32011305C320690501CPI TOMÁS DE LEMOSRIBADAVIA
32015475C320690501IES Nº 2 DE RIBADAVIARIBADAVIA
32011330C320690501IES O RIBEIRORIBADAVIA
32016637C320720201IES COSME LÓPEZ R.RÚA, A
32012103C320760707CPI VIRXE DA SALETASAN CRISTOVO DE CEA
320NVP04C320851400IES (CREACIÓN PROGRAMADA)VERÍN
32013582C320851400IES GARCÍA BARBÓNVERÍN
32013612C320851400IES XESÚS TABOADA CHIVITEVERÍN
32015724C320863201IES DE VIANA DO BOLOVIANA DO BOLO
32016285C320870818IES DE VILAMARÍNVILAMARÍN
32015232C320320602IES LAGOA DE ANTELAXINZO DE LIMIA
32014801C320320602IES Nº 1 DE XINZO DE LIMIAXINZO DE LIMIA

PROVINCIA: PONTEVEDRA

36000247C360030301CPI DE COVA TERREÑABAIONA
36019657C360030301IES PRIMEIRO DE MARZOBAIONA
360NVP29C360020000IES (CREACIÓN PROGRAMADA)BARRO
360NVP25C360040201IES (CREACIÓN PROGRAMADA)BUEU
36019463C360040201IES JOHAN CARBALLEIRABUEU
36000405C360050301CPI ALFONSO VIICALDAS DE REIS
36016127C360050301IES AQUAS CELENISCALDAS DE REIS
36019396C360060101IES FRANCISCO ASOREYCAMBADOS
36000481C360060101IES RAMÓN CABANILLASCAMBADOS
36019475C360080201IES DE RODEIRACANGAS
36000922C360080201IES MARÍA SOLIÑOCANGAS
36018501C360080201IES MONTE CARRASCOCANGAS
36001148C360090203CPI DA CAÑIZACAÑIZA, A
36015101C360090203IES DA CAÑIZACAÑIZA, A
36001252C360100400CPI DE PROGRESOCATOIRA
36001665C360121100CPI DE TENORIOCOTOBADE
36015111C360150405CPI AURELIO MARCELINO R.CUNTIS
360NVP26C360170000IES (CREACIÓN PROGRAMADA)ESTRADA, A
36002359C360170000IES ANTÓN LOSADA DIÉGUEZESTRADA, A
36002335C360170000IES MANUEL GARCÍA BARROSESTRADA, A
36019323C360180406IES DE FORCAREIFORCAREI
36019220C360210510IES DE GONDOMARGONDOMAR

CÓDIGO

CENTRO

CÓDIGO

LOCALIDADE

NOME DO CENTROLOCALIDADE

360NVP11C360220106IES (CREACIÓN PROGRAMADA)GROVE, O
36019232C360220106IES DO GROVEGROVE, O
36019244C360230201IES A SANGRIÑAGUARDA, A
360NVP10C360610514IES (CRACIÓN PROGRAMADA)ILLA DE AROUSA, A
36013758C360242707IES LAXEIROLALÍN
36004137C360242707IES RAMÓN M'ALLER ULLOALALÍN
360NVP05C360260401IES (CREACIÓN PROGRAMADA)MARÍN
36004551C360260401IES ALMIRANTE SALVADOR M.MARÍN
36015159C360260401IES CHAN DO MONTEMARÍN
360NVP30C360270000IES (CREACIÓN PROGRAMADA)MEAÑO
36004708C360280701CPI DE MOSTEIRO-MEISMEIS
36004745C360210000IES A PARALAIAMOAÑA
36018999C360210000IES Nº 2 DE MOAÑAMOAÑA
36004927C360300505CPI DE MONDARIZMONDARIZ
36005142C360320910CPI SANTA LUCÍAMORAÑA
360MOS01C360330702IES DE MOSMOS
36019402C360340506IES O PAZO DA MERCÉNEVES, AS
36015184C360350000IES ESCOLAS PROVALNIGRÁN
36014428C360350000IES VAL MIÑORNIGRÁN
36006079C360370702CPI CURROS ENRÍQUEZPAZOS DE BORBÉN
36020143C360410213IES DE POIOPOIO
360NVA01C360730700IES (CREACIÓN PROGRAMADA)PONTE-CALDELAS
36007552C360422301IES A GRANXAPONTEAREAS
36013692C360422301IES Nº 1 DE PONTEAREASPONTEAREAS
36014520C360422301IES PEDRA DA AUGAPONTEAREAS
360REC08C360422301CREDOPONTEAREAS
36007621C360440106CPI DE PONTECESURESPONTECESURES
36014489C360381301IES A XUNQUEIRAPONTEVEDRA
36013761C360381301IES A XUNQUEIRA IPONTEVEDRA
36018379C360381301IES A XUNQUEIRA IIPONTEVEDRA
36020064C360381301IES DE HOSTELERÍAPONTEVEDRA
36006730C360381301IES FREI MARTÍN SARMIENTOPONTEVEDRA
36019268C360381301IES GONZALO TORRENTE B.PONTEVEDRA
36018677C360381301IES LUÍS SEOANEPONTEVEDRA
36006717C360381301IES SÁNCHEZ CANTÓNPONTEVEDRA
36006729C360381301IES VALLE-INCLÁNPONTEVEDRA
36006419C360381301C.FOGAR PRINCIPE FELIPEPONTEVEDRA
360EXT05C360381301CENTRO TECNIF.DEPORTIVAPONTEVEDRA
36017685C360390702CPI DE RIBEIRAPORRIÑO, O
36007011C360390702IES PINO MANSOPORRIÑO, O
36019529C360390702IES RIBEIRA DO LOUROPORRIÑO, O
36007035C360400305CPI DOMINGO FONTÁNPORTAS
36019566C360450801IES DE CHAPELAREDONDELA
36007734C360450801IES MENDIÑOREDONDELA
36016656C360450801IES PEDRO FLORIANIREDONDELA
36007813C360460106CPI JULIA BECERRA MALVARRIBADUMIA
36008155C360471706CPI DE RODEIRORODEIRO
36013576C360480209CPI MANUEL SUÁREZ MARQUIERROSAL, O
36008489C360490303CPI ALTAMIRASALCEDA DE CASELAS
360NVP12C360510900IES (CREACIÓN PROGRAMADA)SANXENXO
36019256C360510900IES DE VILALONGAVILALONGA
360NVP16C360523000IES (CREACIÓN PROGRAMADA)SILLEDA
36009172C360530101CPI MANUEL PADÍN TRUITEIROSOUTOMAIOR
36019751C360540000IES DE TOMIÑOTOMIÑO
36014544C360551201IES FRANCISCO SÁNCHEZTUI
36009901C360551201IES SAN PAIOTUI
360NVP14C360560400IES (CREACIÓN PROGRAMADA)VALGA
36015241C360573101CPI CELSO EMILIO FERREIROVIGO
36011579C360573101IES A GUÍA-Nº 3VIGO
36011798C360573101IES ALEXANDRE BÓVEDAVIGO
36014601C360573101IES ÁLVARO CUNQUEIROVIGO
36011567C360573101IES CASTELAOVIGO
36019050C360573101IES DE BEADEVIGO
36018173C360573101IES DE TEISVIGO
36019670C360573101IES DO CASTROVIGO
36013448C360573101IES MANUEL ANTONIOVIGO
36011634C360573101IES Nº 1 DEVIGOVIGO
36019426C360573101IES Nº 11VIGO
36014568C360573101IES Nº 6VIGO
36016681C360573101IES O MEIXOEIROVIGO
36019062C360573101IES OS ROSAIS IIVIGO
36018461C360573101IES REPÚBLICA ORIENTAL DO U.VIGO
36017430C360573101IES RICARDO MELLAVIGO
36011580C360573101IES SAN TOMÉ DO FREIXEIROVIGO
36011592C360573101IES SANTA IRENEVIGO
360135CRC360573101CREDOVIGO
360ING01C360573101INGABAD EXTENSIONVIGO
360NVP17C360591000IES (CREACIÓN PROGRAMADA)VILA DE CRUCES
36013588C360580517CPI DO TOURALVILABOA
36019669C360600101IES ARMANDO COTARELO V.VILAGARCÍA DE AROUSA
36012471C360600101IES CALVO SOTELOVILAGARCÍA DE AROUSA
36018380C360600101IES DO CARRILVILAGARCÍA DE AROUSA
36013771C360600101IES FERMÍN BOUZA BREYVILAGARCÍA DE AROUSA
36019414C360610701IES DE VILANOVA DE A.VILANOVA DE AROUSA

ANEXO II

CÓDIGO

CENTRO

CÓDIGO

LOCALIDADE

NOME DO CENTROLOCALIDADE

15023132C150300001EOI DE A CORUÑACORUÑA, A
15026546C150360001EOI DE FERROLFERROL
27015955C 270282701EOI DE LUGOLUGO

CÓDIGO

CENTRO

CÓDIGO

LOCALIDADE

NOME DO CENTROLOCALIDADE

27016421C270311101EOI DE MONFORTE DE LEMOSMONFORTE DE LEMOS
270VIV02C270661201EOI DE VIVEIROVIVEIRO
32016081C320541201EOI DE OURENSEOURENSE
36018689C 360381301EOI DE PONTEVEDRAPONTEVEDRA
36018941C360573101EOI DE VIGOVIGO

ANEXO III

CÓDIGO

CENTRO

CÓDIGO

LOCALIDADE

NOME DO CENTROLOCALIDADE

15026492C150300001CMUS SUPERIOR CORUÑA, A
15027617C150360001CMUS PROFESIONALFERROL
27016558C270282701CMUS PROFESIONALLUGO
32016443C320541201CMUS PROFESIONALOURENSE
36019700C360381301CMUS PROFESIONALPONTEVEDRA
36016085C360573101CMUS SUPERIORVIGO

ANEXO IV

CÓDIGO

CENTRO

CÓDIGO

LOCALIDADE

NOME DO CENTROLOCALIDADE

15005506C150300001E.ART PABLO PICASSOCORUÑA ,A
15015834C150780001E.ART MESTRE MATEOSANTIAGO DE C.
27006589C270282701E.ART RAMON FALCONLUGO
32016030C320541201E.ART ANTONIO FAILDEOURENSE
36019621C360381301ESCO SUP.DE CONSERV.E REST.PONTEVEDRA

ANEXO V

Don/a..., co DNI... e domicilio para efectos de notificación na rúa..., CP..., localidade..., provincia..., Tfno...

EXPÓN: Que de conformidade con la resolución da Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 20 de maio de 1998, solicitou praza como

oInterino

no corpo de ..., especialidade de...

oSubstituto

Que superou o procedemento selectivo de acceso e ingreso ó corpo de profesores de ensino secundario/profesores técnicos de formación profesional/profesores de música e artes escénicas/profesores de artes plásticas e deseño/mestros de taller de artes plásticas e deseño (rísquese os corpos que non procedan) convocado pola Orde do 15 de abril de 1998 na especialidade de...

Polo que se solicita que a súa petición sexa tramitada conforme a base décimo quinta da resolución mencionada.

............. o ..... de ............. de 1998.

Asdo.:...

Director Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

ANEXO VI

Don/a..., co DNI... e domicilio para efectos de notificación en la rúa..., C.P..., localidade..., provincia..., Tfno....

SOLICITA ser incluído/a na relación de aspirantes a desempeñar prazas de interinidades ou substitu

cións de enseñanza secundaria/profesores técnicos de formación profesional/profesores de música e artes escénicas/profesores de artes plásticas e deseño/mestres de taller de artes plásticas e deseño (rísquese o corpo que non proceda) na especialidade de..., estando en posesión do título de

.................................................. e superando no procedemento selectivo convocado pola Orde de 15 de abril de 1998 o ... exercicio.

.......... o ....... de ............. de 1998

Asdo.:...

Director Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

ANEXO VII

EspecialidadeTitulacións

Debuxo-Arquitecto
-Licenciado en belas artes
-Enxeñeiro
Música-Título superior de música ou equivalente, segundo o Real decreto 1542/1994, do 8 de xullo.
-Licenciado en xeografía e historia, especialidade musicoloxía.
Educación físicaLicenciado en educación física
Psicoloxía e pedagoxía-Licenciado en:
*Psicoloxía
*Filosofía e ciencias da educación (especialidades psicoloxía ou ciencias da educación).
*Filosofía e letras (especialidades pedagoxía ou psicoloxía).
*Psicopedagoxía
-Diplomados nas escolas universitarias de psicoloxía ata 1974.

EspecialidadeTitulacións

Tecnoloxía-Enxeñeiro
-Arquitecto
-Licenciado en:
*Ciencias físicas
*Ciencias químicas
*Ciencias
-Enxeñeiro técnico
-Arquitecto técnico
Administración de

empresas

-Licenciado en:

*Ciencias económicas

*Ciencias empresariais.

* Administración e dirección de empresas.
-Diplomado en:
*Ciencias empresariais
*Xestión e administración pública.
Construccións civís e edificacións-Enxeñeiro industrial.

-Enxeñeiro de camiños, canais e portos.

-Arquitecto.

-Arquitecto técnico en execución de obras.
-Enxeñeiro técnico en:
*Construccións civís.
*Hidroloxía.
*Transportes e servicios urbanos.
Formación e orientación laboral-Licenciado en:

*Ciencias económicas.

*Ciencias empresariais.

*Dereito.
*Psicoloxía.
*Socioloxía.
-Diplomado en:
*Ciencias empresariais.
*Relacións laborais.
*Traballo social.
*Educación social.
Hostalería e turismoTécnico en empresas e actividades turísticas.
Organización e procesos de mantemento de vehículos-Diplomado en:

*Navegación maritima

*Radiolectrónica naval

*Maquinas navais.

-Enxeñeiro técnico:
*Aeronáutico, en tódalas súas especialidades.
*Agrícola, en tódalas súas especialidades.
*Forestal, en tódalas súas especialidades.
*Minas, en tódalas súas especialidades.
*Naval, en tódalas súas especialidades.
*Obras públicas, en tódalas súas especialidades.
*Industrial, en tódalas súas especialidades.
-Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas.
Sistemas electrónicos-Diplomado en radioelectrónica naval.
-Enxeñeiro técnico en:
*Aeronáutica (especialidade aeronavegación).
*Informática de sistemas
*Industrial (especialidade electricidade ou electrónica industrial)
*Telecomunicacións en tódalas súas especialidades.

EspecialidadeTitulacións

-Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas.
-Licenciado en físicas (especialidade electrónica).
Sistemas electrotécnicos e automáticos-Diplomado en radioelectrónica naval.

-Enxeñeiro técnico en:

*Aeronáutica (especialidade aeronavegación).

*Informática de sistemas.
*Industrial (especialidade electricidade ou electrónica industrial).
*Telecomunicacións.
-Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas.
Cociña e pastelería-Técnico especialista en hostelería.
-Técnico superior en restauración.
Equipos electrónicos-Diplomado en radiolectrónica naval.
-Enxeñeiro técnico en:
*Aeronáutica (especialidade aeronavegación).
*Informática de sistemas.
*Industrial (especialidade electricidade ou electrónica industrial).
*Telecomunicacións.
-Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas.
Instalacións electrotécnicas-Diplomado en radioelectrónica naval.

-Enxeñeiro técnico en:

*Aeronáutica (especialidade de aeronavegación).

*Informática de sistemas.
*Industrial (especialidade electricidade ou electrónica industrial).
*Telecomunicacións.
-Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas
Mantemento de vehículos-Diplomado en:

*Navegación marítima

*Radioelectrónica naval

*Máquinas navais.
-Enxeñeiro técnico:
*Aeronáutico, en tódalas súas especialidades.
*Agrícola, en tódalas súas especialidades.
*Forestal, en tódalas súas especialidades.
*Minas, en tódalas súas especialidades.
*Naval, en tódalas súas especialidades.
*Obras públicas, en tódalas súas especialidades.
*Industrial, en tódalas súas especialidades.
-Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas.
-Técnico superior en automoción.
Mecanizado e mantemento de máquinas-Enxeñeiro técnico:

*Industrial, en tódalas súas especialidades.

*Minas, en tódalas súas especialidades.

*Deseño industrial, en tódalas súas especialidades.
*Aeronáutico, especialidade en aeronaves, especialidade en equipos e materiais aeroespaciais.

EspecialidadeTitulacións

*Naval, especialidade en estructuras mariñas.
*Agrícola, especialidade en explotacións agropecuarias, especialidade en industrias agrarias e alimentarias, especialidade en mecanización e construccións rurais.
*Obras públicas, especialidade en construccións civís.
-Diplomado en:
*Máquinas navais
-Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas.
-Técnico superior en producción por mecanizado.
Oficina de proxectos de construcción-Arquitecto técnico en execución de obras.
-Enxeñeiro técnico en:
*Construccións civís.
*Hidroloxía.
*Transportes e servicios urbanos.
*Tódalas titulacións superiores das citadas anteriormente.
Servicios de restauración-Tecnico especialista en hostalería.

-Tecnico superior en restauración.

Harmonía e melodía

acompañada

-Título de profesor superior ou grao medio, expedido ó abeiro do Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, na dita especialidade.
Clarinete-Título de profesor superior ou grao medio, expedido ó abeiro do Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, na dita especialidade.
Piano-Título de profesor superior ou grao medio, expedido ó abeiro do Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, na dita especialidade.
Viola-Título de profesor superior ou grao medio, expedido ó abeiro do Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, na dita especialidade.
Violín-Título de profesor superior ou grao medio, expedido ó abeiro do Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, na dita especialidade.
Violoncello-Título de profesor superior ou grao medio, expedido ó abeiro do Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, na dita especialidade.
Pianista acompañan-

te-instrumentos

-Título de profesor superior ou grao medio, expedido ó abeiro do Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, na dita especialidade.
Debuxo lineal-Arquitecto ou arquitecto técnico
Decoración-Graduado en artes aplicadas en:
*Decoración
*Deseño interiores
*Deseño do moble
*Escaparatismo
*Proxectos

5386