Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 11 de xuño de 1998 Páx. 6.482

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 4 de xuño de 1998 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualifica-las probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas.

Convocadas as probas selectivas para o acceso ó corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas, por Orde do 30 de outubro de 1997, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 221, do 14 de novembro de 1997, de conformidade co establecido na base IV.1 da dita convocatoria, a Consellería da Presidencia e Administración Pública,

DISPÓN:

Que o número e composición do tribunal que deberá selecciona-los aspirantes para o acceso ó corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas, será o seguinte:

-Presidente: Fernando Soler Pareja.

Interventor xeral da C.A.

-Vocais: Enrique Moldes Teo.

Catedrático da universidade.

Manuel Vidal Martín.

Xefe do Servicio de Admón. Empresarial.

Secretaría Xeral e do Patrimonio.

Marcelino Tojeiro Couce.

En representación das organizacións sindicais.

-Secretario: Ana Fonte Bouza.

X. do Servicio de Fiscalización e Xestión.

Intervención Xeral da C.A.

Suplentes:

-Presidente: Andrés Alonso García.

Subdirector xeral de Control Financeiro.

Administración da C.A.

-Vocais: José Antonio Gómez Segade.

Catedrático da universidade.

Pablo Moure Parrilla.

Xefe do Servicio de Admón. e Xestión Patr.

Secretaría Xeral e do Patrimonio.

Xesús Vales Datorre.

En representación das organizacións sindicais.

-Secretario: Germán Ferreiro Vilariño.

X. do Servicio de Planif. e Xestión Cont.

Intervención Xeral da C.A.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

5342