Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 11 de xuño de 1998 Páx. 6.481

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 4 de xuño de 1998 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualifica-las probas selectivas para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas.

Convocadas as probas selectivas para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, por Orde do 30 de outubro de 1997, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 220, do 13 de novembro, de conformidade co establecido na base IV.1 da dita convocatoria, esta Consellería da Presidencia e Administración Pública,

DISPÓN:

Que o número e composición do tribunal que deberá selecciona-los aspirantes para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, será o seguinte:

-Presidente: Mª Dolores Casais Mira.

Directora xeral de Tributos.

Consellería de Economía e Facenda.

-Vocais: José Antonio Gómez Segade.

Catedrático da universidade.

Juan José Vázquez Seijas.

Asesor xurídico.

Consellería de Economía e Facenda.

Manuel Cao Fernández.

En representación das organizacións sindicais.

-Secretario: Mariano Moyano Diéguez.

Xefe do Servicio de Inspección Tributaria.

Dirección Xeral de Tributos.

Suplentes:

-Presidente: Gonzalo Vázquez Rivas.

Delegado territorial.

Consellería Economía e Facenda de Lugo.

-Vocais: Enrique Moldes Teo.

Catedrático da universidade.

Juan José Martínez Piñeiro.

Xefe do Servicio Técnico Xurídico.

Secretaría Xeral e do Patrimonio.

Olga García Agra.

En representación das organizacións sindicais.

-Secretario: Juan Antonio Mosquera Pena.

Xefe do Servicio de Xestión Tributaria.

Dirección Xeral de Tributos.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

5379