Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 11 de xuño de 1998 Páx. 6.494

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1998, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se modifica a do 10 de xuño de 1992, pola que se nomean os tribunais e comisións de selección que deberán xulga-las probas do proceso selectivo para ingreso no corpo de mestres, convocado pola Orde do 6 de maio de 1992 (DOG do 7).

Por resolución da Dirección Xeral de Educación Básica do 10 de xuño de 1992 (DOG do 16) nomeáronse os tribunais e comisións de selección encargados de xulga-las probas do concurso-oposición para ingreso no corpo de mestres.

Téndose producido a renuncia dalgúns dos membros titulares e suplentes nomeados pola devandita resolución por existiren motivos de abstención, previstos no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou por otras causas debidamente xustificadas, e co fin de posibilitar que tódolos tribunais funcionen coa totalidade dos seus membros,

RESOLVO:

Artigo único.-Modifica-la resolución da Dirección Xeral de Educación Básica do 10 de xuño de 1992 (DOG do 16) nomeando os membros que se indican no anexo para integra-los tribunais e comisións de selección que nel se sinalan.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1998.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

ANEXO

-Ourense.

Tribunal nº 1

Presidente titular: Tiberio Féliz Murias, mestre especialista en filoloxía inglesa.

Presidenta suplente: Isabel Castro Pazos, mestra especialista en filoloxía inglesa.

-Pontevedra.

Tribunal nº 10

Presidenta titular: María Luisa Lago Mauricio, inspectora de educación.

Presidente suplente: Javier González Rajo, inspector de educación.

-Santiago de Compostela.

Tribunal nº 5

Vocal titular: Ramón Pérez Rey, mestre especialista en educación preescolar.

Vocal suplente: Elena María Otero Soengas, mestra especialista en educación preescolar.

Comisións de selección.

-Comisión de selección de F. inglesa:

Presidente: Ricardo Fernández Borchardt

-Comisión de selección de E. musical:

Presidente: Manuel Perfecto Vizcaíno Díaz.

5387