Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 11 de xuño de 1998 Páx. 6.475

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector das empresas consignatarias de buques, axencias de aduanas, estibadoras portuarias e comisionistas de tránsito da provincia da Coruña.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector de empresas consignatarias de buques, axencias de aduanas, estibadoras poturarias e comisionistas de tránsito da provincia da Coruña, que tivo entrada na delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 16-2-1998, subscrito en representación da parte económica por Proamar y Ascofer e da parte social UGT e CC.OO. o día 26-1-1998, de conformidade co dipsosto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios

da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de marzo de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial das empresas consignatarias de buques, axencias de aduanas, estibadoreas porturarias e comisionistas de tránsito

Provincia da Coruña

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito funcional e territorial.

O presente convenio regula as relacións laborais entre as empresas consignatarias de buques, axencias de aduanas, empresas estibadoras portuarias e comisionistas en tránsito, establecidas na provincia da Coruña, ou que desenvolvan as súas actividades nela e os seus traballadores.

O presente convenio afectará a tódolos centros de traballo que, comprendidos no ámbito funcional del, se atopen situados na provincia da Coruña.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Quedan comprendidos dentro do ámbito do convenio tódolos traballadores que presten os seus servicios por conta dalgunha das empresas comprendidas nos ámbitos funcional e territorial calquera que sexa a categoría profesional que ostenten. Así mesmo, quedarán incluídos aqueles que sen pertenceren ó cadro de persoal das empresas en cuestión no momento de se aproba-lo o presente convenio comecen a presta-los seus servicios nelas durante a vixencia deste.

Artigo 3º.-Ámbito temporal e denuncia do convenio.

O presente convenio colectivo entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1998 finalizando o seu período de vixencia o 31 de decembro de 1999.

Entenderase prorrogado de ano en ano, se ó 31 de decembro de 1999 calquera das partes signatarias del non o denunciase con polo menos dous meses de antelación ó remate da súa vixencia.

A parte que promova a negociación deberá notifica-la denuncia por escrito á outra parte, expresando detalladamente:

a) Lexitimación que ostenta.

b) Ámbitos do convenio colectivo.

c) Material de convenio colectivo que queiran ser obxecto de negociación.

Co fin de evitar baleiro normativo, denunciado o convenio e ata que non se logre acordo expreso, perderán vixencia as súas cláusulas obrigacionais manténdose as normativas ata o asinamento do convenio que o substitúa.

Artigo 4º.-Garantía ad personam.

Respectaranse as situacións persoais que en concepto de calquera clase e no seu conxunto sexan máis beneficiosas cás fixadas no presente convenio colectivo, entendéndose estrictamente ad personam. En todo o demais, as condicións desfrutadas polos traballadores entenderanse unificadas polas normas deste convenio.

Artigo 5º.-Absorción e compensación.

Tendo en conta a natureza do convenio, as disposicións legais futuras que impliquen variación económica en todos ou algúns dos conceptos retributivos existentes ou por creación doutros novos, unicamente terán eficacia práctica se globalmente considerados e sumados ós vixentes con anterioridade ó convenio superen o nivel total deste. En caso contrario, considéranse absorbidos polas melloras pactadas no presente convenio.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

A comisión paritaria será un órgano de interpretación, conciliación, arbitraxe e vixilancia do convenio.

As súas funcións específicas serán as seguintes:

1º Interpretación auténtica do convenio.

2º Arbitraxe dos problemas ou cuestións que lle sexan sometidos por ámbalas partes, de común acordo, en asuntos derivados deste convenio.

3º Conciliación facultativa nos problemas colectivos con independencia das atribucións que por norma legal lles poidan corresponder ós organismos pertinentes.

4º Vixilancia e cumprimento do pactado.

5º Cantas outras cuestións tendan á maior eficacia práctica do convenio.

Os acordos ou resolucións adoptados polos votos favorables da maioría de cada unha das representacións integrantes da comisión terán carácter vinculante.

De non se obter decisión vinculante, seguiranse as vías legalmente previstas para a resolución das cuestións presentadas.

A comisión estará formada por seis vocais, tres pola parte empresarial e tres pola parte social que serán designados polas respectivas representacións actuantes no convenio.

Poderán nomearse asesores por cada representación, os cales terán dereito a voz pero non a voto nas reunións da comisión.

A comisión reunirase por instancia das partes, poñendose de acordo sobre o lugar e hora na que deberá celebrarse a reunión.

En ningún caso, poderá reunirse a comisión antes do transcurso do prazo de tres meses desde a anterior, agás no suposto de circunstancias extraordinarias debidamente xustificadas e apreciadas de común acordo.

Esta comisión paritaria estará formada polas persoas que se mencionan a seguir:

Parte empresarial: Francisco Santiáñez Orero, Antonio Puey Galván, Gonzalo Antón Miranda.

Parte social: Manuel Pardo López, Bienvenido Martínez Barro e Pedro García Flores.

Artigo 7º.-Ultra actividade do convenio.

As disposicións deste convenio permanecerán integramente inalterables durante todo o tempo que para a súa vixencia se establece no artigo 3º, sen que en ningún caso resulten afectadas por outras contidas en acordos e convenios de ámbito superior que se asinen durante a vixencia del.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 8º.-Organización do traballo.

A organización práctica do traballo é facultade exclusiva da dirección da empresa, de conformidade coa Lei do Estatuto dos traballadores e demais normas vixentes sobre esta materia e deberá exercela dentro do marco legal correspondente.

Artigo 9º.-Clasificación do persoal segundo a súa función. Normas xerais.

1. Categorías enunciativas. As categorías consignadas no presente convenio non supoñen obriga de ter provistos tódolos cargos enumerados, se a necesidade e o volume da empresa non o require.

2. Poderes. As empresas poderán conceder e revogar libremente poderes ó persoal que estimen oportuno e sempre que non implique apoderamento xeral, aquela circunstancia non variará a clasificación que polas súas funcións lle corresponda e sen prexuízo da maior retribución que, polo outorgamento de poderes, se lle conceda.

Grupos profesionais

Grupo 1) Servicios administrativos.

a) Titulado.

b) Administrativo.

Grupo 2) Servicios varios.

Servicios administrativos.

Titulado: integrado por aqueles ós que para figuraren no cadro de persoal, se lles esixa título universitario de grao superior ou medio, expedido polo Estado, sempre e cando realicen dentro da empresa funcións específicas da súa carreira ou título e sexan retribuídos de maneira exclusiva ou preferente, mediante soldo ou tanto alzado, sen suxeición, por conseguinte, á escala de honorarios usual na profesión.

Administrativo: comprendidos nela cantos posuíndo coñecementos suficiente de mecánica administrativa, técnicos, contables e aduaneiros realicen en oficinas xerais ou centrais, delegacións, representacións ou outros centros dependentes da empresa, así como a bordo dos buques e instalacións de organismos oficiais ou outros calquera, aqueles traballos recoñecidos polo costume ou hábito mercantís, ben sexan relacionados coa actividade marítima ou non, como persoal de oficinas e despachos.

Servicios varios.

Intégrao aquel persoal que realiza funcións de acondicionamento, manipulación e conservación de máquinas ou material mecánico, así como manipulación de guindastres, pas cargadoras, carretas elevadoras e outros elementos autopropulsados, almacenaxe e conservación de mercadorías e calquera outra actividade que unicamente requira achega de esforzo físico e de atención sen esixencia de práctica operativa.

Os manipulantes de pas cargadoras, guindastres e conductores de camión serán oficiais de primeira se executan toda clase de reparacións que non esixan elementos de taller, nos demais casos, serán como mínimo, oficiais.

Categorías profesionais

Grupo I. Servicios técnicos e administrativos.

Titulados de grao superior.

Titulados de grao medio.

Administrativos.

Xefe de sección.

Xefe de negociado.

Asimilado a xefe de negociado.

Oficial administrativo.

Auxiliar administrativo.

Menores de 18 anos.

Telefonista.

Grupo 2. Servicios varios.

Encargado de sección.

Encargado de almacén/almaceneiro.

Oficial de primeira.

Oficial de segunda.

Manipulante.

Conductor de camión.

Conductor de turismo.

Mozo de almacén.

Peón.

Menores de 18 anos.

Artigo 10º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 40 horas semanais, de luns a venres para tódolos traballadores.

Xornada de verán: o persoal de servicios administrativos terá unha xornada continuada de sete horas diarias desde o quince de xuño ó quince de setembro, ambos inclusive.

Artigo 11º.-Vacacións.

Os empregados, calquera que sexa o grupo ou categoría á que pertenzan, teñen dereito a unha vacación anual dunha duración de 30 días naturais para todo o persoal que leve un ano na empresa. As empresas establecerán para cada centro de traballadores ou dependencia o cadro de vacacións do persoal afecto a ela, coidando que os servicios queden atendidos e procurando acceder ós desexos daquel. Para as incompatibilidades aplicarase o establecido no artigo 38 do Estatuto dos traballadores. Nas oficinas cunha organización por sección e cunha extensión do seu cadro de persoal que o permita, farase un cadro por sección sen prexuízo da coordinación que debe establecerse entre todos, en función do problema xeral da oficina. A duración da vacación para o persoal que leve ó servicio da empresa menos dun ano estará en proporción ó tempo de servicio; a fracción de mes considerarase como un mes completo.

Artigo 12º.-Ascensos.

Co obxecto de lle dá-la suficiente mobilidade ás escalas, os auxiliares administrativos maiores de vintetrés anos e con cinco anos de servicios efectivos na empresa como empregados administrativos ascenderán automaticamente a oficiais coa obriga de seguiren desempeñando as mesmas funcións entrementes non existan vacantes na súa nova categoría.

Os oficiais administrativos pasarán a xefe de negociado ós dez anos de servicio na mesma categoría, de acordo cos cadros de persoal establecidos para cada empresa; de non haber vacante, manteranse na mesma categoría, percibindo, como compensación, o setenta e cinco por cento das diferencias entre as categorías de oficial e de xefe de negociado.

O presente artigo só será aplicable ós traballadores que se atopasen en activo na empresa o día 31 de decembro de 1990.

Artigo 13º.-Festa patronal.

Establécese que o día da Virxe do Carme (16 de xullo) como festa patronal con carácter retribuído e non recuperable.

Artigo 14º.-Xubilación.

Ó xubilarse un traballador con 20 anos de servicio na empresa, sempre que o faga ó cumpri-la idade regulamentaria, 65 anos, percibirá como gratificación o importe de 12 mensualidades consistentes no salario base máis antigüidade.

Establécese que as empresas e os traballadores afectados polo presente convenio poderán, durante a vixencia del acollerse á xubilaicón anticipada ós sesenta e catro anos, de acordo co establecido no Real decreto lei 1194/1985, do 17 de xullo.

Artigo 15º.-Contratación temporal.

Contrato de formación. Poderanse celebrar contratos de formación para tódalas categorías profesionais incluso para os mozos de almacén. A aqueles traballadores menores de 21 anos e maiores de 18 anos que sexan contratados baixo esta modalidade, aínda cando superen a idade de 21 anos poderáselles prorroga-los ditos contratos ata o tempo máximo de tres anos.

Contrato en prácticas. De conformidade co disposto no Real decreto 2317/1993, por este convenio sectorial determínase que os contratos en prácticas poderán ter unha duración máxima desde o seu inicio, de dous anos. O contrato concertado por tempo inferior ó máximo pode ser prorrogado unha ou dúas veces, por períodos non inferiores a seis meses, ata acada-lo dito límite máximo.

Os supostos de suspensión do contrato non comportan ampliación do seu prazo de duración, agás pacto en contra.

Contrato eventual por circunstancias da producción. En atención ás especiais características do sector, que comporta a frecuentes e irregulares períodos nos que se acumulan as tarefas, as empresas poderán concertar contratos eventuais por circunstancias da producción, ó abeiro do establecido polo Real decreto 2546/1994, do 29 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos traballadores en materia de contratación, nun período non superior a 18 meses cunha duración máxima de 12 meses.

Cando se concerten estes contratos por un prazo inferior ó máximo establecido, poderán prorrogarse por acordo das partes, unha ou máis veces, por períodos non inferiores a seis meses, a excepción dos primeiros seis meses do contrato en que as prórrogas poderán efectuarse expresamente por períodos inferiores, sen que en ningún caso, o tempo acumulado, incluído o das prórrogas, poida exceder do referido prazo máximo de 12 meses.

Naqueles caos en que o contrato se concertarase por un prazo inferior ó máximo establecido, e se ó seu termo non existise denuncia previa de ningunha das dúas partes nin existirase acordo expreso da prórroga, pero continuarase realizando a prestación laboral, entenderase prorrogado tacitamente por outro período igual e así sucesivamente ata que o tempo acumulado sexa de 12 meses.

Entenderase para tódolos efectos previdos neste precepto que concorren as circunstancia previstas no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, coa simple remisión do presente artigo deste convenio colectivo, realizada no contrato de traballo.

Os traballadores que o 1 de xaneiro de 1998 teñan ou tivesen unha relación contractual coa empresa ou grupo de empresas nun prazo de tres anos con

tados desde aquela data, non se verán afectados polo establecido neste artigo.

Capítulo III

Melloras sociais

Artigo 16º.-Incapacidade temporal.

No caso de enfermidade, os salarios que o traballador percibirá serán do cento por cento da retribución íntegra correspondente á súa categoría e complementos que lle correspondan, cobrando a diferencia existente entre a prestación que reciba do INSS pola dita enfermidade; a empresa terá a facultade de revisar e facer recoñecer ó traballador por médicos ó seu servicio.

Artigo 17º.-Compensación en caso de accidente.

En caso de accidente de traballo con incapacidade temporal, a empresa coidará de que se lle aboe o complemento necesario ó salario asegurable para que, xuntamente coa prestación económica da entidade aseguradora, o traballador perciba o total da súa retribución desde o primeiro día de ocorrido o accidente, inclusive.

Capítulo IV

Réxime económico

Artigo 18º.-Salario base.

Considerarase salario base o que figura no anexo I deste convenio e aplicables a partir do 1 de xaneiro de 1998, inclusive.

Artigo 19º.-Cláusula de revisión salarial.

A partir do 1 de xaneiro de 1999, inclusive, incrementaranse todos e cada un dos conceptos de carácter económico que están expresados neste convenio, e para tódolos traballadores, na porcentaxe de IPC (índice de prezos ó consumo) do Estado previsto para o ano 1999 máis un punto.

Artigo 20º.-Premio de antigüidade.

O premio de antigüidade consistirá en trienios do cinco por cento de incremento sobre os salarios base establecidos no presente convenio.

Este premio non poderá supera-lo sesenta por cento do salario base.

Os traballadores que á entrada en vigor do presente convenio teñan unha porcentaxe de antigüidade superior, conservarano como garantía ad personam.

Artigo 21º.-Premio de idiomas.

A gratificación por este concepto será de 7.168 pesetas mensuais.

Artigo 22º.-Quebranto de moeda.

A gratificación por este concepto será de 7.168 pesetas mensuais.

Artigo 23º.-Apoderamento.

Os traballadores que realicen funcións de apoderado desfrutarán sobre o soldo que lles corresponda dunha gratificación de 7.168 pesetas mensuais.

Artigo 24º.-Plus de transporte.

Establécese para compensa-los gastos de desprazamento do persoal ós centros de traballo, un plus de 13.200 pesetas mensuais, descontándose a parte proporcional correspondente por cada día laborable non traballado, sexa cal for a causa.

Artigo 25º.-Plus de asistencia ó traballo.

Establécese un plus de asistencia para o persoal consistente na percepción de 12.317 pesetas mensuais, descontándose a parte proporcional por cada día laborable non traballado, a excepción do período de vacacións e durante a situación de incapacidade temporal por enfermidade ou accidente, que se percibirá íntegro.

Artigo 26º.-Plus de convenio.

Establécese un plus de convenio para tódolos traballadores. Os importes por categorías do dito plus son os que figuran na táboa do anexo I deste convenio. O plus do convenio farase efectivo nas doce mensualidades e ademais das catro pagas extraordinarias.

Artigo 27º.-Salario hora profesional.

O salario hora profesional deixa de ter virtualidade para o cómputo do valor da hora extraordinaria ó pactarse a regulación das horas extraordinarias na forma seguinte:

a) Clasificación das horas extraordinarias.

Distinguiranse dous tipos de horas extraordinarias: tipo A e tipo B.

No porto da Coruña serán horas tipo A as realizadas de luns a venres entre as 6 e as 22 horas e as realizadas os sábados entre as 6 e as 14 horas.

No porto de Ferrol serán horas tipo A as realizadas de luns a venres entre as 8 e as 22.30 horas e as realizadas os sábados entre as 8 e as 14 horas.

No porto da Coruña serán horas tipo B as realizadas entre as 22 e as 6 horas, as realizadas os sábados a partir das 14 horas e as realizadas en domingos e festivos. No porto de Ferrol serán horas tipo B as realizadas entre as 23.30 horas e as 8 horas, as realizadas os sábados a partir das 14 horas e as realizadas en domingos e festivos.

b) Valor das horas extraordinarias.

O valor das horas extraordinarias tipo A e tipo B será o que figura na táboa do anexo I deste convenio colectivo.

Artigo 28º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio percibirá catro pagas extraordinarias, dunha mensualidade cada unha delas, calculándose con base no salario base, antigüidade e plus de convenio; e faranse efectivas na primeira quincena dos meses de marzo, xullo, outubro e decembro.

Artigo 29º.-Horas extraordinarias estructurais.

De acordo co artigo 30 da Orde do 1 de marzo de 1983, terán a consideración de horas extraor

dinarias estructurais dentro do sector afectado polo presente convenio as realizadas con motivo da adaptación ós horarios do porto onde en ocasións os buques traballan dúas ou tres xornadas continuadas, o que obriga ó persoal das empresas ó traballo intensivo, co obxecto de atende-los buques e as mercadorías que estes mobilizan nos distintos peiraos e almacéns. Así mesmo, considéranse horas estructurais as realizadas por necesidade do servicio os sábados, domingos e festivos.

Artigo 30º.-Servicio militar obrigatorio ou civil substitutorio.

O traballador que se incorpore ó servicio militar ou civil substitutorio terá dereito, unha vez cumprido este, a se reincorporar ó seu posto de traballo. Non terá dereito a percibir da empresa durante este período cantidade económica de ningún tipo.

Artigo 31º.-Cláusula especial de revisión.

A táboa salarial que figura no anexo I do presente convenio colectivo recolle xa regularizado o establecido no artigo 28 do convenio colectivo do ano 1996/1997, publicado no BOP nº 10, do 14 de xaneiro de 1997.

Capítulo V

Outras condicións de traballo

Artigo 32º.-Roupa de traballo e material de seguridade e protección persoal.

As empresas estibadoras facilitaranlles ós seus traballadores dúas fundas ó ano, como roupa de traballo, unha no mes de xaneiro e outro no mes de xullo. Malia o anterior, cando a data de ingreso na empresa non coincida con eses dous meses, entregarase unha ó comezo e outra ó cabo de seis meses se o traballador continuase prestando os seus servicios na empresa. Así mesmo, entregaranlle o día 1 de outubro de cada ano un par de botas de seguridade a cada traballador. Igualmente facilitaranse luvas, gafas e cascos de seguridade necesarios.

As pezas de roupa de seguridade e protección serán substituídas polas empresas antes dos prazos sinalados, sempre que se entreguen as usadas ou deterioradas e se comprobe que o desgaste ou rotura non é imputable ó traballador.

Capítulo VI

Seguridade e hixiene

Artigo 33º.-Seguridade e hixiene.

Tódalas empresas afectadas polo presente convenio cumprirán a normativa legal de seguridade e hixiene no traballo (O.M. do 9-3-1971 e na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais) e nas demais disposicións que lle sexan de aplicación atendendo especialmente á prevención de riscos laborais.

Artigo 34º.-Indemnización por incapacidade absoluta ou morte en accidente de traballo.

As empresas concertarán no prazo de dous meses, desde a publicación oficial do presente convenio, pólizas para asegura-los riscos de incapacidade

absoluta ou morte de cada un dos seus traballadores por accidente de traballo, entendendo este de acordo coa lexislacion laboral, como o ocorrido con ocasión ou por consecuencia do traballo que se realiza por conta allea (incluído o denominado accidente in itinere nas empresas afectadas por el), que lle permitan a aquelas ou ós seus descendentes causa-lo dereito ás seguintes indemnizacións: 4.000.000 de pesetas por incapacidade absoluta e 3.500.000 pesetas por morte.

Esta compensación será compatible coa pensión ou indemnización que poida percibi-lo traballador ou os seus descendentes legais do sistema da Seguridade Social.

As indemnizacións pagadas con cargo a esta póliza de seguro de accidente terán a consideración de pagamentos a conta das que poidan fixar no seu día os xulgados ou tribunais por sentencia firme e que sexan por conta das empresas.

Artigo 35º.-Revisión médica.

Tódolos traballadores, con independencia da súa categoría profesional, serán sometidos a recoñecementos médicos de periodicidade anual. En todo caso, o traballador terá coñecemento do resultado mediante entrega dun exemplar del.

Os recoñecementos médicos serán obrigatorios para todo o persoal.

Capítulo VII

Formación profesional

Artigo 36º.-Formación, profesional.

Os traballadores afectados por este convenio teñen o dereito a unha adecuada formación profesional que se oriente prioritariamente a:

a) Facilita-la inserción profesional.

b) Perfecciona-los coñecementos para facilita-la promoción interna e favorece-la mellora da productividade na empresa e no conxunto do sector.

c) Promociona-la creación de novos empregos e a súa adaptación á innovación tecnolóxica.

Para tal fin, as empresas establecerán anualmente un calendario de cursos de formación para a consecución dos obxectivos sinalados no parágrafo anterior.

Capítulo VIII

Garantías sindicais

Artigo 37º.-Igualdade de oportunidades.

As empresas afectadas polo presente convenio comprométense a non discriminar ningún posto de traballo por razón de idade, sexo, relixión ou ideoloxía política.

Artigo 38º.-Garantías dos traballadores. Garantías sindicais.

Ningún traballador que estea representando ós traballadores, delegados de persoal, delegados de empresa, membros da comisión paritaria e outra representatividade encomendada, pode ser despedido durante un prazo dun ano con posterioridade a el, agás falta susceptible de despedimento suficientemente probado e logo da incoación de expediente.

Os delegados dos traballadores, así como os membros da comisión paritaria, disporán do tempo libre necesario dentro do horario laboral para asistir a cantas reunións e asembleas se consideren necesarias, marcándose un máximo segundo o establecido no Estatuto dos traballadores, aboados pola empresa.

ANEXO I

Táboa salarial

Salario

base

mensual

Plus de

convenio

Cómputo

anual

Horas

extras

(tipo A)

Horas

extras

(tipo B)

Grupo 1

-Titulados
Titulado grao superior139.3436.3412.623.9481.9182.715
Titulado grao medio121.8095.5422.330.6201.6772.417
-Administrativos
Xefe de sección139.3436.3412.623.9481.9182.715
Xefe de negociado121.8095.5422.330.6201.6772.417
Asimilado a xefe de negociado118.4585.3902.274.5721.6302.417
Oficial administrativo108.4064.9332.106.4281.4922.417
Auxiliar administrativo 85.7663.9031.727.7081.1801.671
Telefonista 82.1723.7391.667.5801.1311.600
Menor de 18 anos 70.9893.2301.480.508 9771.382

Grupo 2

-Servicios varios
Encargado de sección 95.2934.3361.887.0681.3142.429
Encargado de almacén 92.1644.1941.834.7321.3142.429
Oficial de primeira 92.1644.1941.834.7321.3142.429
Oficial de segunda 88.2534.0151.769.2921.2151.719
Manipulante 88.2534.0151.769.2921.3142.429
Conductor de camión 88.2534.0151.769.2921.2151.719
Conductor de turismo 88.2534.0151.769.2921.2151.719
Mozo de almacén 85.0443.8701.715.6281.1711.657

Salario

base

mensual

Plus de

convenio

Cómputo

anual

Horas

extras

(tipo A)

Horas

extras

(tipo B)

Peón 85.0443.8701.715.6281.1711.657
Menor de 18 anos 68.5853.1211.440.300 9441.336

5463