Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 11 de xuño de 1998 Páx. 6.481

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 1998, complementaria da do 5 de novembro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 1998 correspondentes ós concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Como consecuencia da modificación das festas laborais de carácter local levada a cabo polo Concello da Pobra do Caramiñal (A Coruña) e polo Concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra) e realizadas -por petición dos concellos- as oportunas rectificacións polas delegacións provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, da Coruña e Pontevedra, en Vigo, respectivamente, cómpre face-las correspondentes rectificacións na antedita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 222, do 17 de novembro de 1997, así:

-Na páxina 11.058, no anexo I, calendario laboral, provincia da Coruña, onde di: «68. Pobra do Caramiñal, A: 17 de agosto, Carme dos Pincheiros; 21 de setembro, Luns de Nazareno», debe dicir: «68. Pobra do Caramiñal, A: 24 de agosto, Carme dos Pincheiros; 21 de setembro, Luns de Nazareno».

-Na páxina 11.063, no anexo IV, calendario laboral, provincia de Pontevedra, onde di: «51. Salvaterra de Miño: 8 de xuño, Stmo. Cristo da Victoria; 10 de agosto, San Lourenzo», debe dicir: «51. Salvaterra de Miño: 15 de xuño, Stmo. Cristo da Victoria; 10 de agosto, San Lourenzo».

Santiago de Compostela, 25 de maio de 1998.

Mª José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

5037