Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.454

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva do proxecto de compensación do SUP-4 en Conxo.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión do 27 de abril de 1998, aprobou definitivamente o proxecto de compensación do solo urbanizable programado número 4 (SUP-4) en Conxo, con resolución das alegacións presentadas polos interesados no trámite de exposición pública.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1998.

O alcalde

Rubricado

4855