Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.454

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PINO

ANUNCIO.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Pino.

2. Obxecto do contrato: execución da obra: área da Madanela, 2ª fase incluída no Plan 2000, infraestructuras, anualidade 98, 2ª fase da Deputación Provincial. Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 5.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garantías: provisional: 100.000. Definitiva: 200.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información: Concello do Pino, Pedrouzo, Arca (Telf.: 51 10 02, fax: 51 11 23).

7. Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de proposicións: presentaranse no rexistro do concello, no prazo de 26 días naturais contados desde o día seguinte ó do último anuncio publicado, en horario das 9 ás 13, e en tres sobres cerrados, de conformidade co disposto no prego.

9. Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar o primeiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións, ás doce horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

O Pino, 12 de maio de 1998.

Rubricado

4854