Aprobado pola Comisión de Goberno deste concello o prego de cláusulas administrativas que rexerán no concurso, con procedemento aberto, trámite ordinario, para a contratación das obras comprendidas no proxecto de accesos ós núcleos de Pereiro a Vilar e Arís a Ucha, PPC/98; exponse ó público durante o prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP para que se poidan presentar alegacións.
Simultaneamente anúnciase o concurso, aprazándose a licitación se se producisen reclamacións ó prego.
Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Concello de Poio.
b) Dependencia: secretaría.
Obxecto do contrato:
a) Descrición: a contratación da execución das obras incluídas no proxecto de accesos ós núcleos de Pereiro a Vilar e Arís a Ucha.
Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
Tipo de licitación: 8.695.064 ptas (IVE incluído).
Duración do contrato: seis meses.
Garantías: provisional polo inporte do 2% do importe do tipo e definitiva do 4%.
Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Concello de Poio. Servicio de Contratación. Domicilio: Praza do Mosteiro, 1. Poio; teléfono: 986 77 00 38, fax: 986 77 12 77.
b) Data límite para a obtención de documentos e información: o día anterior ó de remate de presentación de ofertas.
Presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, das 9 ás 14 horas, durante o prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.
Apertura de proposicións: pola mesa de contratación, no salón de sesións da Casa do Concello, ás 13.30 horas do día seguinte hábil que non cadre en sábado, ó do remate do prazo de presentación de ofertas.
Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula 9ª do prego.
Poio, 2 de marzo de 1998.
Luciano Sobral Fernández
Alcalde
5371