Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.453

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PETÍN

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1988 pola que se anuncia a convocatoria para prover, en propiedade, unha praza de administrativo da Administración xeral, promoción interna.

No BOP de Ourense, nº 98, con data 2 de maio de 1998, aparecen publicadas as bases para cubri-la praza a que se alude anteriormente, por concurso oposición.

1. Para tomar parte na mencionada convocatoria requiriranse os requisitos sinalados nas bases.

2. O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais desde a publicación do presente anuncio da convocatoria no BOP de Ourense.

3. As sucesivas publicacións efectuaranse no BOP de Ourense e no taboleiro de edictos do concello.

Petín, 11 de maio de 1998

O alcalde

Rubricado

4857