Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OZA DOS RÍOS

ANUNCIO de licitación.

O Concello Pleno, en sesión de data 30 de marzo de 1998, aprobou o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación por medio de poxa con procedemento aberto para o alleamento de parcelas sobrantes (masas comúns) da concentración parcelaria de Mondoi-Porzomillos, e San Nícolás de Cines, e dunha sita na parroquia de Cines, que se detallan na cláusula 1 do prego de condicións.

Durante o prazo de oito días, que se contarán desde o seguinte ó da última publicación do anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, queda exposto ó público na Secretaría do Concello o referido prego ós efectos de presentar reclamacións, anunciándose simultaneamente a licitación de conformidade co disposto no artigo 122 do Real decreto 781/1986, do 18 de abril, se ben a licitación aprazarase no caso de que se presenten reclamacións ó prego de condicións.

Obxecto do contrato: o obxecto do contrato a venda mediante poxa de parcelas sobrantes (masas comúns) da concentración parcelaria de Mondoi-Porzomillos, e San Nicolás de Cines, e dun predio sito na parroquia de Cines, debidamente inscritas no Rexistro da Propiedade de Betanzos, e que se detallan a continuación: (nº Parcela-m superficie-valor pesetas).

-Parroquia de Mondoi:

Nº 50-150 m-189.000 ptas;

Nº 176-580 -294.300 ptas.;

Nº 203-760m-820.800 ptas;

Nº 237-319 m-258.400 ptas;

Nº 422-3.982 m-716.800 ptas.

-Parroquia de Porzomillos:

Nº 145-2.174 m-1.956.600 ptas;

Nº 146-3.146 m-2.831.400 ptas;

Nº 147-985 m-886.500 ptas;

Nº 334-3.370 m-910.000 ptas;

Nº 374-764 m-343.800 ptas;

Nº 375-887 m-399.000 ptas;

Nº 397-1.480 m-799.200 ptas;

Nº 405-1.849 m-499.000 ptas;

Nº 410-3.384 m-1.522.800 ptas;

Nº 444-702m-695.000 ptas;

Nº 493-829 m-895.000 ptas;

Nº 505-1.841 m-643.000 ptas;

Nº 642-5.082 m-3.201.600 ptas;

Nº 694-530 m-572.400 ptas.

-Parroquia de Cines:

Nº 129-795 m-450.000 ptas:

Nº 522-1.304 m-375.000 ptas.

Tipo de licitación: o tipo de licitación de cada unha das parcelas será o que se especifica na condición 1ª, e poderá ser mellorado á alza.

Pagamento: o pagamento do importe do remate efectuarase polo adxudicatario antes de escritura-los terreos.

Fianza: os licitadores deberán constituír unha fianza provisional do 2% do tipo de licitacion, e non se esixe a constitución da fianza definitiva.

Gastos: o adxudicatario queda obrigado ó pagamento dos gastos notariais, rexistrais e impostos derivados do expediente.

Proposicións: lugar e prazo de presentación. As proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais, que se contarán a partir do seguinte ó da ultima publicación do anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Proposicións e documentación: as proposicións para tomar parte na poxa presentaranse en sobres pechados, e nos que figurarán a inscrición:

«Proposición para tomar parte na venda mediante poxa do ben... convocada polo Concello de Oza dos Rios».

1) Sobre A: subtitulado «Oferta económica», conterá a proposición económica formulada conforme o seguinte modelo:

«Don..., maior de idade, co meu enderezo en..., e DNI nº..., en nome propio (ou na representación de..., como acredita por...), informado da convocatoria de poxa anunciada no BOP da Coruña número..., de data..., e no DOG número..., de data..., tomar parte nela, comprometéndose a adquiri-lo ben..., no precio de... (letra e número) pesetas, e segundo o prego de cláusulas administrativas que acepto integramente.

Lugar, data e sinatura».

2) Sobre B: subtitulado «Documentación», conterá os documentos indicados na cláusula 7 do prego de condicións.

Apertura de plicas: terá lugar no salón de actos do concello ás doce horas do terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, excepto se cadra en sábado, neste caso realizarase ó seguinte día hábil, e o acto será público.

Oza dos Ríos, 14 de maio de 1998.

José Ramón Peón Pérez

Alcalde-presidente

4798