Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-309).

Por Resolución 2449/1998, do 11 de maio, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de urbanización na parcela sita na estrada ó porto de Lorbé, parroquia de Dexo (Oleiros), tramitado por Álvarez Conchado e Hijos, S.A.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa), nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas, tódolos días laborables, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 14 de maio de 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

4858