Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COSPEITO

APROBACIÓN inicial do plan parcial do parque empresarial de Muimenta e do proxecto de urbanización do dito parque empresarial.

Aprobado inicialmente polo Pleno, na sesión ordinaria do día 31 de marzo de 1998, o plan parcial do parque empresarial de Muimenta, que se tramita por instancia de Xestur-Lugo, S.A., sométese á información pública polo prazo dun mes a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá examinarse na Casa do Concello, nas horas de oficina, desde as dez ás catorce horas, e formulárense, se é o caso, por medio de escrito dirixido á alcaldía as alegacións que se estimen procedentes.

Na mesma sesión plenaria acordouse a aprobación inicial do proxecto de urbanización do devandito parque empresarial, someténdose así mesmo á información pública, por prazo dun mes contado a partir da inserción deste anuncio no DOG, para os efectos indicados, de acordo co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Cospeito, 27 de abril de 1998.

Armando Castosa Alvariño

Alcalde

5360