Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO de licitación.

Anuncio de licitación para contratar por concurso público, vía de procedemento aberto e urxente, a adxudicación dos servicios de limpeza da piscina municipal.

Este anuncio faise en cumprimento do disposto no artigo 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, sobre contratos das administracións públicas.

1. Entidade adxudicadora:

Concello de Cervo, praza do Concello, 27891 Cervo (Lugo). Tfno.: (982) 55 77 77. Fax: (982) 55 77 29.

A) Dependencia que tramita o expediente: secretaría do concello, onde poderán obter copia do prego de condicións e demais información que compón o expediente.

2. Obxecto do contrato:

É obxecto do contrato a prestación dos servicios de limpeza da piscina municipal.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e por concurso.

4. Presentación de ofertas:

a) As ofertas presentaranse dentro dos 13 días naturais seguintes ó da publicación do modelo normalizado de anuncio de licitación no BOP.

5. Gastos de anuncios e tributos: por conta do adxudicatario.

O que se fai público para cumpri-lo establecido no artigo 326 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia.

Cervo, 12 de maio de 1998.

Roberto Álvarez Fernández

Alcalde

5361