Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO.

Faise público que este Concello aprobou un prego de bases para seleccionar por concurso dous profesores-monitores de natación encadrados no servicio da piscina municipal.

Os profesionais seleccionados actuarán pola súa propia conta sen que exista vínculo laboral ou funcionarial de ningún tipo co Concello de Cervo.

As condicións para a prestación dos servicios, criterios de adxudicación e demais normativa para a selección poderán ser consultados polos interesados na Secretaría Xeral do Concello de Cervo, onde se lles facilitará copia do prego.

O prazo para presentar propostas será de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do correspondente anuncio no BOP.

Cervo, 12 de maio de 1998.

Roberto Álvarez Fernández

Alcalde

4800