Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.450

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMARIÑAS

ANUNCIO de poxa.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Camariñas.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Número de expediente: 20.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución da obra de trazado e distribución de auga potable ó lugar de Lazo.

b) Lugar de execución: Camariñas.

c) Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto, poxa.

4. Orzamento base de licitación: 5.132.952 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Camariñas, praza de Insuela, 57, Camariñas, 15123. Teléfono: 73 60 00- 73 60 25. Telefax: 73 63 19.

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixe clasificación nin outros requisitos específicos.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anun

cio de licitación no BOP, en horas das 9 ás 14.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida no prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Camariñas.

9. Apertura das ofertas: terá lugar ás 12 horas do quinto día hábil seguinte (agás sábado) a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Camariñas, 18 de maio de 1998.

O alcalde

Rubricado

4799