Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COSPEITO

MODIFICACIÓN puntual primeira das N.S.P.U. en Muimenta e Feira do Monte (terreos para V.P.O.).

Aprobada inicialmente polo Pleno deste Concello, na sesión celebrada o día 2 do corrente mes de maio, a modificación puntual primeira das normas sub

sidiarias de planeamento deste municipio, nas vilas de Muimenta e Feira do Monte, para a recualificación e determinación do réxime urbanístico aplicable ós terreos destinados á construcción de vivendas de protección oficial sométese o expediente e proxecto de modificación á información pública polo prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá examinar na casa do concello, no horario de oficina, e formulárense mediante escrito dirixido ó alcalde as alegacións e observacións que se consideren procedentes.

Nas áreas delimitadas no dito proxecto de modificación puntual, terreos recualificados ou afectados pola modificación, queda suspendido o outorgamento de licencias de edificación, segundo o disposto no artigo 34 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e co alcance e nos termos que nel se especifican.

Cospeito, 4 de maio de 1998.

Armando Castosa Alvariño

Alcalde

4782