Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.448

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1997, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro do local sito en Galeras número 13, planta 4ª, oficina 2-3 de Santiago de Compostela, con destino ó programa de atención temperá para a área sociosanitaria do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas con base no Decreto 64/1996, do 15 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Sergas,

RESOLVO:

Primeiro.-Facer público que polas necesidades do servicio ou funcións que hai que satisfacer no local, xustifica, logo da fiscalización da Intervención Delegada, a utilización do procedemento de contratación directa do aluguer do local sito en Galeras, nº 13, planta 4ª,oficina 2-3 de Santiago de Compostela para destinalo ó programa de atención temperá para a área sociosanitaria de Santiago de Compostela por parte do citado complexo hospitalario.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 1997.

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde

4885