Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1998 pola que se anuncia concurso público para a contratación dunha asistencia técnica para a organización, monitorización, dinamización e acompañamiento de redes de cooperación interempresarial para o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) dunha asistencia técnica para a organización, monitorización, dinamización e acompañamento de redes de cooperación interempresarial.

1. Entidade adxjudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), rúa Frei Rosendo Salvado 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela, Teléfono: 981 54 11 01. Fax: 981 59 04 67.

b) Número de expediente: C.P. nº 6/98.

2. Obxecto do contrato:

a) Asistencia técnica para a organización, monitorización, dinamización e acompañamento de redes de cooperación interempresarial, coa seguinte desagregación en lotes:

Lote 1. Organización, posta en marcha, monitorización e supervisión de cinco redes de cooperación interempresarial.

Lote 2. Dous seminarios de acompañamento para as redes de cooperación interempresarial en Auditoría Interna de Sistemas de Calidade.

Lote 3. Un seminario de acompañamento para as redes de cooperación interempresarial en Innovación Empresarial práctica.

Lote 4. Un seminario de apoio á monitorización e dinamización sobre Dirección de Grupos.

Prazo de execución: dous anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 11.940.000 ptas. (IVE incluído), desagregado por lotes e anualidades do seguinte xeito:

Lote 1: 9.500.000 ptas.

Lote 2: 1.000.000 de ptas.

Lote 3: 720.000 ptas.

Lote 4: 720.000 ptas.

1998: 6.700.000 ptas.

1999: 5.240.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación do lote ou lotes ós que se licite.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: rúa Frei Rosendo Salvado, 16 baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 59 04 67.

Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do vixésimo sétimo día hábil seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público ás 12 horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito en rúa Frei Rosendo Salvado, 16, Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1998.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

4884