Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 1998 de adxudicación do concurso da contratación da subministración de embarcadoiros flotantes de formigón armado para a zona sur de Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: ente público Portos de Galicia, plaza de Europa, nº 5A, 6ºB, Edificio Área Central, Polígono de As Fontiñas, Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: servicios centrais do ente público Portos de Galicia.

c) Número de expediente: SC.-SUB-03/1998.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de embarcadoiros flotantes de formigón armado para a zona sur de Portos de Galicia.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación:

DOG nº 55, do 23 de marzo de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe total: 31.931.800 ptas.

5. Adxudicación:

a) Data : 24 de abril de 1998.

b) Adxudicatario: Marina System Ibérica, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 31.931.800 ptas.

5. En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 , notifícase, advertíndose que esta resolución pon fín á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/ 1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia

5048