Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos estatutos do Sindicato Gallego de Profesionales del Espectáculo.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 11 de maio a acta da asemblea xeral extraordinaria, celebrada na Coruña o 9 de xaneiro de 1998, na que se recollen as modificacións estatutarias aprobadas por unanimidade na devandita asemblea xeral, e que consisten nunha nova redacción dos estatutos.

Asinan a acta da asemblea o secretario xeral do sindicato, Pablo Carcaño de Castro, e tres persoas máis, sendo dous deles membros fundadores do devandito sindicato.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

5490