En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Personal no Sanitario que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas persoas que teñan a consideración de persoal non sanitario de carácter fixo ou contratado (interino e eventual) que presten os seus servicios nas institucións sanitarias.
Asinan a acta de constitución: Eduardo Rojo Portela e catro persoas máis.
Santiago de Compostela, 20 de maio de 1998.
María José Cimadevila Cea
Directora xeral de Relacións Laborais
5252