Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Federación Gallega de Residencias de la Tercera Edad.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e dos estatutos da Federación Gallega de Residencias de la Tercera Edad que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita federación tódalas asociacións constituídas que xestionen residencias da terceira idade e que teñan o seu ámbito de actuación na Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Paulo Naseiro Ramudo, María del Carmen Santos Alfonso e Virginia Salgado Sotelo, en representación da Asociación Empresarial de Centros Socio-Sanitarios Católicos da Comunidade Autónoma de Galicia, e Andrés Vázquez Piñeiro, Ricardo Francisco Cano Pan e Eva María Jove González, en representación da Asociación de Residencias Gallegas de la Tercera Edad.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

5254