Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 29 de maio de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público, para a subministración de once vehículos tipo break, motor diésel, de cinco prazas, para uso das policías locais.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 108, do luns 8 de xuño de 1998, cómpre face-las seguintes rectificacións:

Na páxina 6.332, punto 3, apartado a), onde di: «tramitación: ordinaria», debe dicir: «tramitación: urxente».

Na mesma páxina, «Presentación de ofertas», punto 8, apartado a), «data límite de presentación», na cuarta liña, onde di: «vixésimo sexto día natural», debe dicir: «décimo terceiro día natural».

4765