Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 09 de xuño de 1998 Páx. 6.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RODEIRO

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno en sesión do día 6 de maio de 1998 o prego de cláusulas económico- administrativas para a contratación por concurso da obra que a seguir se sinala, incluída no POL 1998, exponse ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP, o obxecto de exame e reclamacións.

Asemade anúnciase concurso público, se ben a licitación se aprazará no suposto de se formularen reclamacións contra os pregos de cláusulas.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello de Rodeiro.

b) Dependencia: Secretaría.

c) Expediente: 1/1998.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición: abastecemento de auga a Saa.

b) Lugar de execución: Saa (Santa Mariña de Pescoso).

c) Prazo de execución: cinco meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b)Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación.

a) Importe total: 15.821.733 ptas.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento base.

b) Definitiva: 4% do prezo da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Rodeiro.

b) Domicilio: Praza da Fonte s/n.

c) Localidade: 36530 Rodeiro.

d) Teléfono: 986 79 00 09.

e) Fax: 986 79 01 95.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: vixésimo sexto día seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP.

b) Documentación que se presentará: a que figura no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: o indicado no apartado sexto.

8. Apertura das proposicións.

a) Lugar: o indicado no apartado sexto.

b) Data: primeiro día hábil seguinte, agás sábado, ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

c) Hora: 12 horas.

Rodeiro, 12 de maio de 1998.

Manuel Lamazares Pardo

Alcalde

5325